Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO
A actividade, organizada pola Concellería de Ensino, diríxese a nenos e nenas de 4 a 8 anos e desenvolverase o 10 de xuño en Piñeiros
Narón, 7 de xuño de 2016. Os nenos e nenas de 4 a 8 anos son os destinatarios dunha nova actividade organizada pola Concellería de Educación. Así o indicou a edil da área, Mercedes Taibo, que anunciou a apertura do prazo de inscrición nun Obradoiro para construír enredos con material de refugallo que se celebrará este venres, 10 de xuño, no local social de Piñeiros entre as 18.00 e as 19.30 horas. A actividade é de balde pero é preciso anotarse previamente.
Os participantes aprenderán a facer os seus propios xoguetes, dun xeito divertido e económico, utilizando materiais de refugallo. A actividade enmárcase no programa Apego, que promove a socialización en galego da infancia, e correrá a cargo do proxecto Xandobela. Un dos obxectivos desta proposta é fomentar a creatividade e a autonomía dos menores, que ademais gozarán dunha divertida tarde de xogos con rapaces e rapazas da súa mesma idade.
Os interesados en participar deben inscribirse no Servizo de Normalización Lingüística do Concello –subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística-, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext.1516) ou no enderezo electrónico: a.pita@naron.es. Deberán facilitar o nome e idade do neno ou nena que participará na actividade, o nome e apelidos da súa nai ou do seu pai, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto. En total ofértanse cincuenta prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as familias que forman parte do proxecto Apego.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal