Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CPI DO FEAL PARTICIPA NO OBRADOIRO "CHEF SOLAR"
A iniciativa enmárcase no programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, ofertado desde o Concello aos centros educativos da localidade
Narón, 8 de xuño de 2016. O Concello de Narón continúa desenvolvendo actividades enmarcadas no programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, dirixidos á comunidade escolar. A convocatoria actualmente en marcha enmárcase na área de Medio Ambiente, dirixida polo edil Octavio Dopico e consiste no obradoiro “Chef solar”, co que se pretende achegar, neste caso, a enerxía solar e a nutrición saudable aos escolares. Un total de 96 alumnos de primeiro curso de ESO do IES As Telleiras e 92 de primeiro e segundo de ESO do CPI do Feal son os destinatarios desta convocatoria, xa celebrada nas instalacións do instituto e que rematará o vindeiro 10 de xuño no colexio do Feal. Os participantes traballan na actividade durante tres horas, entre as 11.00 e as 14.00. Os rapaces e rapazas coñecen diferentes modelos e o funcionamento e montaxe dunha cociña solar e traballan tamén con dous tipos de forno solar. Esa é a parte demostrativa da xornada, precedida por unha sesión na que reciben unhas nocións básicas e información sobre a radiación solar, ao tempo que coñecen a labor de entidades como a Fundación Terra. Este colectivo promove a sensibilización ambiental entre a sociedade, fomentando as enerxías renovables, especialmente a solar, a través de diversas iniciativas. O alumnado prepara algúns pratos elaborados con produtos ecolóxicos nunha cociña solar, baixo a supervisión de educadores. Entre os obxectivos desta actividade está promover o uso de enerxías renovables, coñecer as vantaxes de consumir produtos saudables, aprender a cociñar pratos sinxelos e incrementar a implicación dos rapaces e rapazas nas tarefas domésticas, entre outros. Os alumnos e alumnas do IES das Telleiras aos que se destinou o obradoiro “Chef solar” acudiron ás sesións os días 1, 2 e 3 de xuño, se ben no CPI do Feal comezaron o 7 de xuño. No marco deste programa desenvolveuse o pasado mes de maio un obradoiro de análise do gasto enerxético mundial: “Calcula a túa pegada ecolóxica: Canta natureza precisa o teu modelo de vida?”, no que 75 alumnos de terceiro de ESO do IES das Telleiras profundizaron en conceptos como o cambio climático, a pegada ecolóxica, o déficit ecolóxico, as enerxías renovables ou a eficiencia enerxética, entre outros. O programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola impulsado desde o Concello ofértase de balde aos centros educativos do municipio a principios de cada curso. As actividades abordadas abranguen diferentes áreas, como Igualdade ou Ensino, entre outras. Os destinatarios desta iniciativa son os alumnos e alumnas de educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, tratándose dunha proposta lúdico-formativa promovida desde a Concellería de Ensino, á fronte da que está a edil Mercedes Taibo, e que se imparte en horario lectivo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal