Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PRAZO DE SOLICITUDE PARA ACOLLER A NENOS SAHARAUIS DURANTE ESTE VERÁN REMATA A FINAIS DE ABRIL
O PRAZO DE SOLICITUDE PARA ACOLLER A NENOS SAHARAUIS DURANTE ESTE VERÁN REMATA A FINAIS DE ABRIL
O Concello colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para facer posible o programa "Vacacións en paz".
Narón, 10 de Abril.- O Concelleiro de Servizos Sociais Xerais e Infancia, Miguel Hermida, ven de anunciar a apertura do prazo de solicitude para as familias que desexen participar no programa de acollida de nenos saharauis “Vacacións en Paz”. Os interesados poderán recoller a correspondente instancia no Servicio Sociocomunitario Municipal (1ª pranta do Concello) ata o próximo 23 de Abril. A acollida dos pequenos/as, de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos, será durante os meses de Xullo e Agosto.

Hermida lembrou que o Concello de Narón leva once anos colaborando con este programa, promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. “Narón é o municipio que máis nenos acolle de toda a comarca. En edicións anteriores, trouxemos 12 ou 13 nenos pero este ano queremos chegar ata os 15, ou superar esta cifra si é posible”, sinalou.

Na mesma liña se pronunciaron o delegado e a subdelegada desta asociación en Ferrolterra, Tomás Porto e Mª Teresa Martínez. Esta última salientou a importancia de este proxecto de acollida temporal, que sirve “para sensibilizar á xente da problemática que vive o pobo saharaui dende fai moito anos, e ó mesmo tempo permite ós nenos pasar revisións médicas, mellorar o castelán e o galego, e darlles un tempo de ocio”. Martínez lembrou as duras condicións de vida dos campamentos de Tinduf, en cuios desertos se alcanzan en verán os 58º á sombra.

Tomás Porto, delegado de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, engadiu que o programa está subvencionado ó cen por cen polos concellos galegos, 200 dos cales xa colaboran con esta iniciativa solidaria. “Narón é ademáis un dos concellos de Galicia que máis nenos acolle, e queremos traer nesta edición a 1.000 nenos á nosa comunidade”, apuntou.

Para facer posible esta estancia en España, a asociación a través da Comisión Médica de Galicia, realiza varias visitas ós campamentos de Tinduf nos que se valora ós nenos de cara á súa inclusión no programa “Vacacións en Paz”. Porto finalizou lembrando que “a comunidade internacional ten unha débeda co pobo saharaui, e a axuda internacional non chega ós seus campamentos”, dixo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal