Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÚSICA, XOGOS E UN XANTAR COMUNITARIO DESPEDIRON O FIN DE CURSO DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
Unhas seiscentas persoas participaron na convocatoria, desenvolvida no paseo marítimo de Xuvia
Narón, 11 de xuño de 2016. Música, xogos e baile centraron as actividades da Xornada de convivencia das escolas infantís municipais, na que participaron nenos e nenas dos centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros e tamén os seus familiares e amigos. Os asistentes a esta convocatoria comezaron a chegar ao paseo marítimo de Xuvia pasadas as doce do mediodía de hoxe. Alí tivo lugar esta cita festiva na que os menores e os seus familiares, que vestían camisetas persoalizadas de cada unha das tres garderías, gozaron de varios xogos cooperativos antes da hora do xantar, que tivo lugar baixo unha carpa instalada na zona e para o que os asistentes levaron a comida das súas casas. A edil de Ensino, Mercedes Taibo, asistiu á convocatoria, coa que se clausurou este curso 2015-2016 e se despediu aos menores que acaban a súa etapa nas garderías da localidade para acudir, a partir de setembro, a algún dos colexios do municipio. Preto dunhas seiscentas persoas participaron neste evento. Xa pola tarde chegou o turno de “Uxía Lambona e a Banda Molona”, encargada de amenizar musicalmente esta xornada de convivencia desde primeira hora –sobre as 15.30- en Xuvia. Os nenos e nenas bailaron cos seus familiares e amigos ao ritmo da música durante a actuación, que incluíu varios temas populares galegos e rematou sobre as 17.30 horas. A concelleira de Ensino destacou o éxito desta xornada e agradeceu o traballo realizado tanto polo profesorado das garderías como polos pais e nais dos nenos e nenas e tamén das Anpas, destacando a súa implicación tanto na actividade convocada hoxe como noutras que se desenvolven ao longo do curso nas escolas infantís da localidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal