Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
EXITOSA CELEBRACIÓN DO "V ENCONTRO INTERXERACIONAL MUNICIPAL" NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
EXITOSA CELEBRACIÓN DO
Máis dun milleiro de persoas sumáronse a esta convocatoria programada conxuntamente polo Concello e diversas entidades de Narón e comarca
Narón, 12 de xuño de 2016. A quinta edición do Encontro Interxeracional Municipal desenvolveuse o domingo desde as 11.00 horas na zona do paseo marítimo de Xuvia. Un milleiro de veciños e veciñas das diferentes parroquias e barrios de Narón secundaron esta tradicional cita, na que se programaron varias actividades festivas. O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, acudiron á convocatoria xunto con representantes dos grupos da corporación local e agradeceron a participación dos diferentes colectivos e dos particulares. Os asistentes gozaron do variado programa deseñado para a ocasión conxuntamente polo Concello e diversas entidades da localidade e da comarca. Con esta cita remataron oficialmente as actividades do programa de Envellecemento Activo convocadas desde o Consistorio en diferentes espazos do municipio, cuxo alumnado é cada ano o protagonista deste evento.
Cancións de animación e sesións de musicoterapia a cargo de persoal do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros; a actuación das Cantareiras do Val; do grupo de acordeón do Padroado e do de Cantores da Asociación Cultural ASCM, xunto cunha actuación de danza oriental e outra da Coral Municipal, centraron a actividade matinal baixo unha das carpas instaladas no paseo de Xuvia. A continuación a edil de Promoción Social e o rexedor local agradeceron o traballo altruísta de todas cantas persoas participaron activamente na organización desta convocatoria. “Desexo que pasemos un día agradable entre todos e todas”, asegurou Sabio, que xunto co rexedor local entregou uns agasallos aos representantes das entidades que colaboraron na organización.
Representantes da AVV Virxe de Fátima, de Freixeiro; da Asociación Cultural Areosa, de Piñeiros; da Asociación Chafarís; de Aspanaes; da Asociación Cultural ASCM; dos Centros Comunitarios Municipais; das entidades veciñais Santa Icía; Ceibe de San Xiao; O Alto e Sedes; da Asociación da Terceira Idade de Pedroso; de Bbtta; da Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa do Val; do Clube de Xubilados da Solaina; de Aspanemi; da Asociación de Mulleres Rurais de Ferrerías; de Aspaneps; da Asociación Diabéticos Ferrolterra e da Asociación de Torneiros de Madeira Virutas subiron ao escenario para recoller os agasallos entregados polo alcalde e a concelleira de Promoción Social. A continuación os asistentes trasladáronse a outra carpa, situada a escasos metros, baixo a que houbo un xantar popular.
A programación da tarde retomouse ás 16.00 horas, cunha actuación musical a cargo do Dúo Suso. A partir das 17.30 horas comezou unha master class de zumba, cos grupos do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e da AVV da Solaina e ás 18.00 houbo unha exhibición de terapia de intervención asistida e agility na que colaborou Aspanemi. Tamén ás 18.00 horas se retomou o apartado musical co Dúo Suso, ata a hora de saída dos autobuses para levar aos participantes de novo ás súas parroquias de orixe, a partir das 19.30 horas.
Durante a xornada permaneceron instaladas baixo unhas pequenas carpas exposicións solidarias do traballo das entidades veciñais da Solaina; Ceibe, de San Xiao; Areosa, de Piñeiros; Virxe de Fátima, de Freixeiro; O Alto; Aspanaes; Cestería Acción Familiar (AFA); e Asociación de Torneiros de Madeira Virutas. Tamén houbo espazos reservados para a asociación Bbtta e da Asociación Cultural ASCM e a Asociación de Diabéticos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal