Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ UNHA SESIÓN DE CONTOS, LENDAS E XOGOS CON MOTIVO DO SAN XOÁN
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ UNHA SESIÓN DE CONTOS, LENDAS E XOGOS CON MOTIVO DO SAN XOÁN
A actividade desenvolverase o 18 de xuño e diríxese e a nenos e nenas a partir de catro anos, que deberán inscribirse previamente
Narón, 15 de xuño de 2016. A festividade de San Xoán celebrarase este sábado, día 18, na Biblioteca municipal cunha sesión de contos, lendas e xogos dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos. Así o anunciou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicando que será preciso anotarse para poder participar, ao dispoñer de vinte prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas deben ter o carné da biblioteca e deixar os seus datos no citado centro –no mostrador ou chamando por teléfono ao número 981 382 173- en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00, tal e como recordou a edil da área. A cita, denominada “Polo San Xoán…Sardiñas e Pan!!”, comezará a desenvolverse ás 11.00 horas.
Con esta actividade, explicou Taibo, os nenos e nenas que participen “poderán coñecer máis polo miúdo as tradicións e ritos asociados á máxica noite de San Xoán”. Persoal da Biblioteca municipal encargarase de implicar aos menores nas diferentes actividades, relacionadas todas elas co día e a noite de San Xoán. Así mesmo, os asistentes terán a oportunidade de traballar en sesións relacionadas co coidado e respecto ao medio ambiente e a reciclaxe, tal e como avanzaron desde a Biblioteca.
A edil de Ensino explicou que se trata dunha convocatoria que se desenvolverá este ano por primeira vez “e que esperamos repetir nos vindeiros anos, afianzando así a aposta do goberno local por difundir as tradicións, como neste caso o San Xoán, e implicar aos nenos e nenas neste tipo de actividades lúdicas á vez que didácticas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal