Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PARROQUIA DO VAL ACOLLERÁ A RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
A PARROQUIA DO VAL ACOLLERÁ A RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
A Concellería de Cultura e a AVV Os Irmandiños do Val deseñaron un completo programa que se desenvolverá o 18 de xuño no lugar de Vilasuso
Narón, 16 de xuño de 2016. O lugar de Vilasuso, na parroquia do Val, será o 18 de xuño o escenario de representación das Lendas da Pena Molexa. O Concello de Narón, a través da área de Cultura, e a asociación veciñal Os Irmandiños, do Val, colaboraron un ano máis na organización dun programa que deu comezo o pasado 4 de xuño e que rematará o sábado. Veciños e veciñas da parroquia que acoden ás clases da Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón serán os protagonistas da tradicional recreación das lendas.
O programa comezará ás 18.00 horas cunha xornada de xogos populares e de deporte rural. A música tomará o relevo a partir das 20.30 cunha actuación a cargo do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura e desde as 21.00 horas serviranse as primeiras racións de “churrasco molexo” e “bocata lopeso” –a prezos populares- preparadas na zona para a ocasión. A música regresará novamente á programación festiva a partir das 22.30 da man do grupo Os Campantes da Baña.
A tradicional recreación das Lendas da Pena Molexa será a partir das 00.00 horas. Nesta ocasión, o alumnado de Silvia Casal, profesora da Escola de Teatro de Narón, escenificará dúas lendas, unha protagonizada por unha moura e outra por un rei e varios guerreiros, ambas coincidindo no tempo co solsticio de verán. A posta en escena terá lugar nun entorno inmellorable, xunto ao Castro de Vilasuso, un dos elementos patrimoniais máis recoñecidos e valorados da citada parroquia naronesa.
Ás 00.30 horas voltará a música, cunha repichoca popular e tamén se prenderá unha lumeirada, como marca a tradición do San Xoán.
Desde o Concello e a AVV Os Irmandiños, do Val agradecen a participación dos veciños e veciñas da parroquia, así como daquelas persoas que, un ano máis, colaborarán no desenvolvemento desta xornada, á que invitan a sumarse á veciñanza de Narón e comarca.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal