Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O "XUVIÑO GASTRONÓMICO" REUNIRÁ A VARIAS DISTRIBUIDORAS DE VIÑO E "FOOD TRUCKS" ESTA FIN DE SEMANA NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O
O evento desenvolverase en horario de mañá e tarde e tamén haberá postos de venta de diferentes productos e xogos para os nenos e nenas
Narón, 16 de xuño de 2016. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou o “Xuviño Gastronómico”, un evento organizado polo Concello de Narón e que se desenvolverá os días 18 e 19 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. A cita reunirá na localidade a distribuidoras de viños de recoñecidas bodegas do país e tamén, por primeiro ano, a cinco “food trucks”. Así mesmo, tal e como avanzou a edil, haberá un mercadiño cuns corenta postos de venta no que se poderán adquirir diversos produtos. O alcalde, José Manuel Blanco, e a edil Mar Gómez inaugurarán a convocatoria o sábado ás 12.00 horas, un acto ao que acudirán varios representantes da corporación local e ao que a edil animou a asistir á veciñanza de Narón e doutros concellos.
Os visitantes poderán escoller entre medio cento de caldos de Denominacións de Orixe como: Ribeiro, Ribera del Duero, Alvariño, Rioja ou Mencía, entre outras, que traerán as distribuidoras. O custe das copas será de 1,50 euros e venderanse tickets a dous euros para poder degustar os diferentes tipos de viño que estarán representados nesta edición do “Xuviño Gastronómico”.
A maiores do apartado vinícola e gastronómico, instalaranse uns corenta postos de venta de diferentes produtos no mercadiño convocado para esta edición do “Xuviño Gastronómico”. Entre eles tamén haberá un no que se poderán adquirir pementos do Couto e outros produtos comercializados a través da cooperativa do Val, tal e como apuntou a edil naronesa. Os postos de venta do mercadiño estarán operativos nas xornadas do sábado e o domingo a partir das 10.00 horas e durante a mañá e a tarde. Ás 12.00, tamén os dous días, abrirán os stands dos bodegueiros e as “food trucks” comezarán a servir diferentes pratos. “La Carnioneta”, de Narón; “La Suprem by Torre de Núñez”, de Lugo, e o “Grupo Beyma”, de Neda, estarán entre estes “restaurantes sobre rodas” que participarán no evento. Así mesmo, co obxectivo de ampliar a oferta gastronómica, instalaranse dous postos nos que se servirán racións de polbo a prezos populares.
Entre as 14.00 e as 15.00 horas haberá o sábado e o domingo unha sesión vermú, amenizada por un grupo musical, e a partir das 19.00 horas un concerto.
Nas inmediacións das carpas instalarase un parque con atraccións –a prezos populares- para os nenos e nenas que acudan a esta cita festiva e gastronómica, consolidada desde hai varios anos no calendario de eventos festivos do municipio naronés.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal