Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLE UNHA XORNADA TÉCNICA SOBRE A AVESPA VELUTINA
O biólogo Lolo Andrade informará aos asistentes sobre as actuacións a desenvolver en caso de picaduras ou atopar niños, entre outros temas
Narón, 17 de xuño de 2016. O biólogo e entomólogo Lolo Andrade será o poñente da Xornada técnica sobre “A avespa velutina: protocolos de actuación” que se desenvolverá o día 19 de xuño na sala de conferencias da Biblioteca municipal, na rúa 25 de Xullo. A sesión desenvolverase entre as 9.30 e as 13.30 horas e tal e como apuntou o edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico, está orientada a apicultores, madeiristas, fruticultores e grupos municipais de actuación contra esta especie de avespa. O Concello de Narón e a delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura coorganizan estas xornadas. Entre as temáticas a abordar durante a convocatoria están os primeiros auxilios trala picadura da avespa velutina; actuacións ante os niños; modelos de trampas e atraíntes e sistemas de retirada de niños, aínda que tamén se informará aos asistentes sobre outras especies de avespas invasoras. As xornadas están abertas á participación do público en xeral.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal