Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O "XUVIÑO GASTRONÓMICO 2016" REUNIU ESTA FIN DE SEMANA A MILLEIROS DE PERSOAS EN XUVIA
Adegueiros do país ofreceron viños de varias Denominacións de Orixe, unha oferta que este ano se completou a nivel gastronómico con cinco "food trucks" na zona do paseo marítimo
Narón, 19 de xuño de 2016. A calidade dos viños e dos produtos gastronómicos que se puideron degustar no paseo marítimo de Xuvia, no marco do "Xuviño Gastronómico 2016" atraeu a miles de persoas esta fin de semana á localidade. O evento inaugurouse o 18 de xuño pola mañá e continuou desenvolvéndose durante o día 19. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, asegurou que a cita resultou un ano máis un éxito a nivel participativo e agradeceu o respaldo de todas cantas persoas acudiron a este evento lúdico-gastronómico organizado polo Concello de Narón. Recoñecidos viños con Denominacións de Orixe como Ribeiro, Ribeira do Duero, Ribeira Sacra, Mencía e Rioja, entre outros, puideron degustarse nos postos instalados no paseo de Xuvia, onde varias distribuidoras representaron a decenas de adegueiros do país. Os tickets para probar os diferentes caldos vendíanse a un prezo de dous euros, aínda que o importe dos mesmos variaba no caso de tomar un caldo normal ou un reserva, debendo abonar máis dun ticket en función do caldo. Esta tradicional cita festiva ampliou este ano a súa oferta coa presenza de dous postos de venta de polbo e de cinco "food trucks" nas que se serviron diferentes pratos e que tamén tiveron, do mesmo xeito que os viños, moi boa aceptación entre as persoas que se achegaron ao paseo marítimo de Xuvia, tal e como apuntou a concelleira naronesa. Así mesmo, instaláronse na zona preto de medio cento de postos de venta de produtos artesáns e tamén houbo cabida para a música, que amenizou as sesións vermú e nocturna. Reservouse ademais un espazo para a instalación de inchables e outras atraccións festivas dirixidas aos nenos e nenas. "O Xuviño Gastronómico cumpriu un ano máis todas as nosas expectativas. O bo tempo e a variada oferta do programa festivo animaron aos visitantes a achegarse ata Xuvia para tomar uns viños e tamén tapas e racións nos postos de polbo e nas "food trucks" asegurou. "Esta cita serviu ademais para dar a coñecer produtos da zona como o pemento do Couto, cunha caseta propia da cooperativa do Val", destacou a edil Mar Gómez.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal