Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SILVIA VIDAL FEAL RECIBIU NO CONCELLO O PREMIO DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, TE IPHONE"
A iniciativa, promovida pola Concellería de Promoción Económica, incentivou as compras no comercio local entre o 15 de maio e o 15 de xuño
Narón, 22 de xuño de 2016. Silvia Vidal Feal, veciña de Narón, recibiu esta mañá no Concello o teléfono móbil Iphone 6S libre sorteado no marco da campaña de primavera: “Comercio de Narón, te Iphone”, dirixida ao sector comercial da localidade e desenvolvida entre o 15 de maio e o 15 de xuño. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Mónica Cereijo, en representación da Asociación de Comercio de Narón, encargáronse de entregar o agasallo á gañadora do premio, á que felicitaron e agradeceron a súa participación. Algo máis de vinte persoas optaban ao premio, tal e como se indicou desde a organización. A imaxe gañadora, na que se pode ver a Silvia Vidal nun dos comercios adheridos á iniciativa, publicouse no Facebook da campaña o pasado 26 de maio e recibiu máis de douscentos votos. A iniciativa coorganizárona o Concello e a Asociación de Comercio de Narón e na mesma implicáronse un total de dezasete establecementos da localidade. A clientela participou no sorteo do móbil realizando compras superiores a 30 euros nos locais adheridos, subindo ao Facebook as fotografías coas que participaron. A Concellería de Promoción Económica de Narón organiza ao longo do ano varias campañas dirixidas ao sector comercial do municipio, co fin, recordou Villamar, “de potenciar os establecementos que temos no noso concello, que ofrecen á cidadanía unha gran variedade de produtos de gran calidade”. O edil naronés agradeceu a colaboración de todos os empresarios do sector que secundaron esta nova iniciativa e animou á veciñanza a continuar facendo as súas compras nos establecementos da localidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal