Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA ORGANIZAN UN CURSO DE
As sesións, teóricas e prácticas, terán unha duración de sesenta horas e comezan o 25 de xuño na AVV Rosa dos Ventos, en Sedes
Narón, 22 de xuño de 2016. A Concellería de Medio Ambiente de Narón e a delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura coorganizan un curso de iniciación sobre “Técnicas de apicultura natural sostible” que comezará este sábado, día 25, no local da AVV Rosa dos Ventos, en Sedes. Persoal técnico de AGA impartirá as sesións, que se desenvolverán de 9.30 a 13.30 horas nesta primeira convocatoria. As persoas que desexen participar poden facelo, de balde, debendo anotarse previamente na dirección: dagaferrol@hotmail.com, tal e como indicou o edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico. O curso terá unha duración total de 60 horas, que se repartirán entre os meses de xuño e novembro para, deste xeito, poder desenvolver todas as tarefas que son precisas nun colmear. As teóricas, un total de vinte, realizaranse no local da AVV Rosa dos Ventos e as prácticas, as corenta horas restantes, nos tres centros didácticos municipais da delegación de Ferrolterra de AGA: en Sedes (Narón); A Cortiña (San Sadurniño) e Esmelle (Ferrol). O ciclo biolóxico das abellas, as partes da colmea; a recollida de enxames; a saúde das abellas e a elaboración e comercialización de produtos apícolas forman parte dos temas incluídos no programa deste curso. O obxectivo do mesmo é, tal e como indicaron desde AGA, “formar aos novos pastores de abellas para que ao final do curso sexan capaces de levar axeitadamente un colmear familiar”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal