Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INICIO DAS OBRAS DO CENTRO DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL DE PEDROSO
INICIO DAS OBRAS DO CENTRO DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL DE PEDROSO
O alcalde, José Manuel Blanco, destacou o feito de que a veciñanza da parroquia disporá este mesmo ano das novas instalacións
Narón, 24 de xuño de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os edís de Obras e Cultura, Pablo Mauriz e Marián Ferreiro, respectivamente, desprazáronse ata a parroquia de Pedroso para comprobar o avance das obras do Centro de Dinamización Sociocultural da parroquia, ubicado na antiga Reitoral. A empresa Vila Miño Construcciones é a encargada de executar os traballos, que se adxudicaron por un importe de 270.242,28 euros, o que supuxo un aforro duns 90.000 euros con respecto ao importe da licitación. A Deputación da Coruña sufraga o 80% do custe total dos traballos, se ben o 20% restante apórtao o Concello. O rexedor local destacou o feito de que “este mesmo ano os veciños e veciñas de Pedroso poderán contar cunhas amplas instalacións nas que desenvolver unha gran variedade de eventos, tanto no interior da edificación actualmente en obras como nas inmediacións da mesma, ao contemplar o proxecto o acondicionamento da parcela na que se ubica o inmoble”.
Operarios da empresa adxudicataria dos traballos cementaban esta semana o chan tanto do interior da Reitoral como das zonas nas que se construirán os locais anexos. Ao inmoble, cunha superficie útil de 284,42 metros cadrados, xa lle retiraron o tellado e boa parte do recebo interior e exterior das paredes –agora coa pedra á vista- e a intervención avanza segundo os prazos previstos, tal e como pudieron comprobar os representantes do goberno local.
O proxecto a executar contempla o acondicionamento da planta baixa do inmoble, que disporá dunha cafetería e cociña. Nos dous locais anexos, que permitirán gañar unha superficie duns 130 metros cadrados, habilitaranse os accesos (escaleiras e ascensor) as oficinas, aseos e unha sala multiusos. Os espazos do primeiro andar destinaranse a asociacións de Pedroso e a segunda planta demolerase co fin de adaptar a construción á tipoloxía das vivendas da zona, según se recolle no proxecto.
Así mesmo, procederase a acondicionar a zona exterior da construción, duns 800 metros cadrados e que se destinará a usos lúdicos e festivos na parroquia.
O remate das actuacións iniciadas na antiga Reitoral de Pedroso suporá o cumprimento dun compromiso adquirido no seu día polo goberno local coa veciñanza da zona. As intensas negociacións do goberno local coa Diócese de Mondoñedo-Ferrol permitiron ao Concello adquirir no ano 2010 a Reitoral para acondicionala e darlle novos usos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal