Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GRUPO DE MÚSICA FOLK "MILLADOIRO" ACTUARÁ NA PARROQUIA DE SAN XIAO
O GRUPO DE MÚSICA FOLK
A música tradicional galega será a protagonista dunha xornada festiva que se desenvolverá pola noite xunto á pista polideportiva da parroquia
Narón, 27 de xuño de 2016. A música tradicional galega será a protagonista da cita festiva que terá lugar o vindeiro 9 de xullo na parroquia de San Xiao. O Concello de Narón e a AVV Ceibe coorganizaron un evento no que o protagonista será o grupo de música folk Milladoiro, que amenizará esa noite cun concerto de balde que se desenvolverá na zona da pista polideportiva da parroquia. A edil de Cultura, Marián Ferreiro, destacou o traballo deste grupo musical, recoñecido a nivel internacional como un dos mellores grupos de música celta e cunha numerosa discografía na súa traxectoria musical desde o inicio da súa carreira, a finais da década dos 70.
A celebración do concerto coincidirá cunha sardiñada popular que dará comezo ás 21.30 horas na que os asistentes terán a oportunidade de degustar sardiñas e bolos preñados, debendo pagar 3 euros os socios e 8 o resto de asistentes.
A concelleira naronesa agradeceu a colaboración da entidade veciñal da parroquia para convocar novamente este evento, que se enmarca no programa de actividades que ao longo do ano coorganiza o Concello nas parroquias e barrios de Narón xunto coas distintas entidades veciñais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal