Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO ESPECTÁCULO "A ALFOMBRA MÁXICA"
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO ESPECTÁCULO
A actividade, organizada pola Concellería de Ensino, diríxese a nenos e nenas de 0 a 3 anos e ás súas familias e desenvolverase o vindeiro 1 de xullo
Narón, 28 de xuño de 2016. Os nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias son os destinatarios da actividade “A alfombra máxica”, organizada pola Concellería de Ensino a través do Servizo de Normalización Lingüística para este venres, día 1 de xullo. A edil da área, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición –ata o 30 de xuño ás 14.00 horas-, no propio Servizo de Normalización Lingüística do Concello –no quinto andar-, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1516) ou a través do correo electrónico: a.pita@naron.es. A actividade, de balde, desenvolverase no local social da Solaina en dúas sesións, ambas pola tarde.
A primeira das convocatorias terá lugar entre as 18.30 e as 19.10 e a segunda de 19.30 a 20.10. A concelleira de Ensino explicou que se trata dun espectáculo sensorial dirixido a bebés, no que os menores “terán a oportunidade de descubrir nunha colorida alfombra táctil moitas emocións e sensacións con actividades moi variadas e nas que non faltarán a música nin as sorpresas”. Apalpando, manipulando, vendo e escoitando na “alfombra máxica” os nenos e nenas mergullaranse nunha viaxe sensorial xunto cos seus pais e nais. A artista plástica Mirari Urruzola, de Títeres Babaluva, será a encargada de invitar aos asistentes a experimentar as diferentes sensacións durante o espectáculo, de algo máis de media hora de duración.
A iniciativa, subvencionada pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, enmárcase no proxecto Apego de socialización en galego da infancia, tal e como recordou a edil de Ensino.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal