Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APROBADO NO PLENO O REGULAMENTO DE CESIÓN DE USO DE LOCAIS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DO CONCELLO
APROBADO NO PLENO O REGULAMENTO DE CESIÓN DE USO DE LOCAIS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DO CONCELLO
O documento saíu adiante de xeito inicial e someterase a exposición pública antes de aprobalo definitivamente no caso de non presentarse suxestións ou reclamacións transcorrido un mes
Narón, 30 de xuño de 2016. O Regulamento municipal de cesión de uso/utilización de locais e dependencias municipais do Concello de Narón aprobouse no pleno ordinario de xuño de xeito inicial cos votos favorables do grupo de goberno –TEGA, PSOE e BNG- e contou co apoio dos cinco edís do PP e do concelleiro de EU no Grupo Mixto. O documento entregouse hai varias semanas ás asociacións, que non presentaron alegacións, se ben dispoñen aínda dun mes de plazo para formular as consideracións que estimen oportunas. Un dos obxectivos deste regulamento é favorecer a formación social e a participación cidadá, ao tempo que impulsar as iniciativas da cidadanía nas áreas social, educativa, cultural e de lecer. O Concello naronés conta na actualidade con dezaseis centros cívicos sociais; tres instalacións ou dependencias en edificios municipais, oito locais sociais e un Aula da Natureza.
Na sesión o goberno local aprobou tamén o compromiso adquirido polo Concello sobre os custes de explotación dos colectores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol. Os importes máximos fixados no acordo estipulan unhas partidas de 231.373,72 euros para o cuarto trimestre deste ano e de un total 694.121,16 nos tres primeiros trimestres de 2017. O cómputo corresponde aos metros cúbicos facturados a Narón en concepto do servizo de abastecemento, realizado por Acuaes cos padróns do ano pasado. Deste xeito, o Concello de Ferrol aportaría o 70% do investimento a realizar e o de Narón o 30% restante.
Outro dos acordos adoptados no pleno foi a modificación, imposición e ordenación da ordenanza fiscal número 8, que regula a taxa da rede de sumidoiros nas diferentes categorías establecidas. A nova ordenanza comezará a aplicarse o 1 de outubro deste ano, se ben parte das cuotas non se aplicarán ata que funcionen os interceptores da marxe dereita da Ría de Ferrol e se comece a explotar a infraestrutura nin, noutros casos, ata que se inicie a explotación da correspondente EDAR.
No pleno deuse ademais conta da liquidación dos orzamentos do Concello de Narón e do Padroado da Cultura do exercicio de 2015. O orzamento de gastos do Concello ascendeu a 28.058.922,45 euros e o do Padroado da Cultura a 1.615.440 euros, tal e como se reflicte nos informes.
Das mocións presentadas ao pleno aprobouse a rubricada polo grupo de goberno e Esquerda Unida para poñer en marcha un proxecto experimental de desenvolvemento educativo integral no rural –non respaldada polos edís do PP-, instando ao Parlamento e á Xunta a desenvolver esa iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 0 a 6 anos. A moción contempla tamén a implantación da proposta en Sedes inicialmente, por partir da veciñanza da parroquia a solicitude e levar a cabo un programa de divulgación e revalorización das escolas rurais informando deste proxecto. Así mesmo, aprobouse por unanimidade outra moción, presentada por ENE para solicitar á Xunta axudas para poñer en marcha unha unidade de desenvolvemento infantil e apoio familiar, unha vez que desde a Unidade de Atención Temperá Novoa Santos se remita un informe sobre as necesidades deste servizo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal