Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE TURISMO DE NARÓN PERMANECERÁ ABERTA ATA O 31 DE AGOSTO
As instalacións, localizadas no Parque do Río Freixeiro, abrirán as súas portas de luns a sábado e pecharán os domingos
Narón, 1 de xullo de 2016. A Oficina de Turismo de Narón, localizada no Parque do Río Freixeiro, abriu as súas portas. A edil da área, Natalia Hermida, explicou que as instalacións permanecerán operativas ata o vindeiro 31 de agosto de luns a sábado, e pecharán os domingos, ao igual que se fixo en anos anteriores. “O Concello de Narón disporá un ano máis dun punto informativo en materia de Turismo no que se atenderá a cantas persoas requiran información tanto sobre o noso municipio como doutros da comarca, para que poidan gozar do noso patrimonio e dos eventos que se celebren na zona durante a tempada de verán”, subliñou Hermida. O horario de atención ao público da Oficina de Turismo será de 11.00 a 13.00 e de 19.00 a 21.00 de luns a venres, abrindo os sábados e días festivos desde as 10.00 ata as 14.00 horas. Unha guía de Información e Asesoramento Turístico encargarase de atender ás persoas que se acheguen ás instalacións. Os veciños e visitantes poderán recibir información institucional do Concello de Narón e doutros concellos da comarca a través de varios dípticos e folletos informativos. Elementos patrimoniais, praias, actividades festivas e culturais ou deportivas forman parte do material que se dará a coñecer nos vindeiros meses desde a Oficina de Turismo de Narón, tal e como indicou Natalia Hermida.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal