Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UN TOTAL DE DEZANOVE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA PARTICIPAN NA "RUTA GASTRONÓMICA HORTA DE NARÓN"
UN TOTAL DE DEZANOVE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA PARTICIPAN NA
Os locais servirán coas consumicións tapas de balde elaboradas con Pemento do Couto e Tomate Negro de Santiago entre o 7 e o 10 e do 14 ao 17 de xullo
Narón, 1 de xullo de 2016.Un total de dezanove establecementos de hostalería de Narón participan na “IV Ruta Gastronómica Horta de Narón”, unha acción desenvolvida polo recentemente constituído Club Narón Gastronómico, que ten entre os seus obxectivos promocionar o Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, que comercializa a Cooperativa do Val, e poñer en valor e dinamizar o sector hostaleiro local. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, recordou que a Ruta se desenvolverá do 7 ao 10 e do 14 a 17 de xullo, datas nas que todas as persoas que se achegen aos establecementos poderán degustar de forma gratuíta as creacións propias que se fixeron utilizando como ingredientes básicos o Pemento do Couto –con Indicación Xeográfica Protexida- e o Tomate Negro de Santiago. Villamar anunciou o evento acompañado polo representante da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, Tomás Casal; o ata agora presidente da AVV do Couto, Anselmo Beceiro, e o representante da Cooperativa do Val, José Manuel Castro Leira. “Entre todos, como vimos facendo nos últimos anos, organizamos unha serie de actividades para dar a coñecer a horta de Narón, que tamén xenera postos de traballo no sector agrícola”, apuntou o concelleiro naronés.
As persoas que se acheguen aos establecementos inscritos nas xornadas e degusten as tapas que alí se servirán poderán participar no sorteo de cestas con produtos da horta (haberá tantas como negocios participantes nas xornadas) se depositan o cupón que lles facilitarán nos locais cos seus datos nas urnas que estarán dispoñibles. Tamén se sortearán dúas fins de semana enogastronómicas para dúas persoas nun hotel rural con aloxamento, comida e visita a bodega con entrada a “túnel de viños” con 15 referencias da D.O. Ribeiro e catro vales de compra nos establecementos Mercaval, un por un importe de 200 euros e tres de 100 euros.
Nesta edición participan os establecementos: Mesón Bugatti, Tokiño, Romero I, Romero II, Cervexería O Druída, Cervexería Folsom-La Quinta, Cervexería Australian, Cervexería New Orleans, Cervexería Índalo, Cervexería El Mercado, Parrillada El Mercado, A Parrillada do Couto, Gastrobar Piñeiros, Mesón O Pío, Silver 200 Monjes, Cervexería O Paseo, Hostal Restaurante Carballo, Mesón O Conxuro e Restaurante A Trasanquesa.
Outra das actividades programadas polo Club Narón Gastronómico no marco da “Ruta Horta de Narón”, apuntou o edil, é “Gastroexperiencias”, unha xornada dirixida principalmente aos produtores da horta de Narón e aos establecementos hostaleiros co obxectivo de amosar casos de éxito e o traballo colaborativo entre o pequeno produtor e o sector hostaleiro. Esta actividade de entrada libre, desenvolverase o martes 12 de xullo ás 17.30 horas nas instalacións da Cooperativa do Val e contará coa participación de Santiago Pérez, propietario de Finca Los Cuervos (Teo, A Coruña) -proxecto nacido para subministrarlle á alta hostalería galega produtos de “horta premium”, con selo ecolóxico-; e Iván Domínguez, cociñeiro membro do Grupo Nove e director gastronómico do Restaurante Alborada, tamén da Coruña, que conta cunha Estrela Michelín. “Será unha excelente experiencia para ampliar os coñecementos dos profesionais do sector en materia de hostalería”, asegurou Villamar, que agradeceu a colaboración de todos os representantes do sector que se implicaron nesta iniciativa e convidou á veciñanza a participar na mesma degustando as saborosas tapas que se cociñarán para a ocasión e tamén a acudir ás “Gastroexperiencias”.
Por último, haberá outra actividade que consistirá nunha visita ao restaurante Maruja Limón de Vigo, o venres 15 de xullo, para promocionar estes productos cos cociñeiros Rafa Centeno e Inés Abril -cunha Estrela Michelín e dous Soles Repsol-, e ao que acudirán integrantes da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, tal e como avanzou o edil.
Os representantes da Cooperativa do Val, da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto e da AVV do Couto agradeceron a colaboración do Concello na difusión do Pemento do Couto e do Tomate Negro de Santiago que se cultivan e comercializan na localidade, entre moitos outros produtos de calidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal