Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO ITINERARIO PROFESIONAL DE CARNICERÍA PERMANECERÁ ABERTO ATA O 8 DE XULLO
A iniciativa convócase desde a Concellería de Mocidade e diríxese a desempregados de Narón de entre 18 e 35 anos
Narón, 4 de xullo de 2016. A edil de Mocidade, Natalia Hermida, anunciou a apertura, o 4 de xullo, do prazo para inscribirse no Itinerario profesional de Carnicería, impulsado desde o goberno local. A iniciativa diríxese a un total de quince persoas desempregadas de Narón de entre 18 e 35 anos e aquelas interesadas deberán anotarse ata o 8 de xullo no Rexistro municipal (de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00) podendo recoller a instancia no propio Concello ou descargala da páxina web do Concello –www.naron.es-. Hermida explicou que as sesións desenvolveranse entre o 21 de xullo e o 15 de novembro no Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e en departamentos e empresas de carnicería. Este itinerario profesional ten unha duración total de 400 horas. Os participantes realizarán nese tempo un módulo específico de Atención ao público, no que incidirán na importancia da habilidade comunicativa e orientación ao cliente a nivel laboral. Haberá tamén un módulo específico de Prevención en riscos laborais e outro sobre Hixiene alimentaria. “Con este tipo de convocatorias desde a Concellería de Mocidade apostamos por manter a liña de formación dun colectivo cunha idade específica, co fin de facilitarle as posibilidades de acceder ao mercado laboral a través dunha capacitación práctica cunha profesión, neste caso sobre carnicería", apuntou a edil. Hermida explicou que se apostou unha vez máis por este itinerario tras as suxestións recibidas para volver a convocalo desde o Concello, un interese que coincide ademais co feito de que este tipo de demanda non a cubren actualmente na comarca outras entidades, tal e como asegurou a concelleira da área. Natalia Hermida animou ao colectivo ao que se dirixe esta convocatoria a anotarse no itinerario para poder obter algunha das quince prazas ofertadas, incidindo en que unha vez rematen “estarán preparados para traballar no departamento de carnicería de supermercados, superficies comerciais, pequeñas empresas ou incluso, no caso de consideralo oportuno, iniciar unha etapa como emprendedores poñéndose á fronte dun negocio propio”.
Descarga de archivos
Ficha de inscrición
Tamaño:162,72 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal