Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
LUNA MUÍÑO LÓPEZ E ALEJANDRO ÁLVAREZ PERMUY, GAÑADORES DO "VIII CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL" CONVOCADO POR COSMA
LUNA MUÍÑO LÓPEZ E ALEJANDRO ÁLVAREZ PERMUY, GAÑADORES DO
O alcalde, José Manuel Blanco, o edil de Servizos, Ibán Santalla e o xerente de Cosma, José Manuel Marcote, entregaron os premios aos dous gañadores e aos catro finalistas do certame
Narón, 4 de xullo de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu o acto de entrega de premios aos gañadores da oitava edición do Concurso de Debuxo Infantil convocado pola empresa mixta de augas da localidade, Cosma. “O ciclo da auga, unha aventura para valentes” foi o lema elixido para a actual edición, na que participaron un total de 220 escolares dos centros educativos da localidade. Á entrega de premios acudiron, ademais do rexedor local e dos galardoados xunto cos seus familiares, o edil de Servizos, Ibán Santalla, e o xerente de Cosma, José Manuel Marcote. Os representantes municipais e da empresa felicitaron aos premiados en particular e, en xeral, a todos os participantes e aos seus pais, nais e profesorado dos centros educativos que se implican ano tras ano nesta iniciativa.
Na modalidade de alumnado de terceiro e cuarto curso de educación Primaria a gañadora foi Luna Muíño López, de terceiro curso do CEIP da Gándara. Resultaron finalistas Martín Pita Vilela, de cuarto curso do CEIP Piñeiros, e Grecia Vilas Grueiro, de terceiro curso do CPR Jorge Juan. No apartado dirixido a rapaces e rapazas de quinto e sexto de Primaria o gañador foi Alejandro Álvarez Permuy, de quinto curso do CPI do Feal. Os finalistas nesta modalidade foron Jorge Piñeiro Campaña, de quinto do CPR Santiago Apóstol e Eva López Veiga, de quinto curso do CEIP Piñeiros. Os dous gañadores recibiron como premio unha Tablet Samsung 7´´ cada un e os catro finalistas cámaras dixitais acuáticas.
O xerente de Cosma recordou que entre as finalidades da convocatoria estiveron un ano máis expresar a través dun debuxo o ciclo completo da auga desde a súa captación, tratamento, distribución e o tratamento de augas residuais. Pola súa parte, o edil de Servizos destacou a importancia de concienciar á cidadanía “sobre un uso responsable deste preciado ben natural en particular, así como doutros recursos naturais”, agradecendo a colaboración dos nenos e nenas nas tarefas de difusión deste necesario compromiso sobre o coidado e o respecto ao medio ambiente.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal