Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENTA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DE LOS GOFIONES NO PAZO DA CULTURA
O espectáculo musical será o 15 de xullo e contará tamén coas actuacións da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura e da Coral da Sociedade Cultural Areosa
Narón, 5 de xullo de 2016. O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro 15 de xullo un concerto de Los Gofiones, considerado un dos mellores conxuntos musicais de Canarias. A formación presentará na localidade o seu vixésimo segundo traballo discográfico, titulado “Por una cabeza”. Así mesmo, durante esta convocatoria actuarán a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura e a Coral da Sociedade Cultural Areosa, tal e como avanzou a edil de Cultura, Marián Ferreiro. As entradas para este espectáculo musical, que comezará ás 20.30 horas, están xa á venta na taquilla do Pazo da Cultura a un prezo de cinco euros. Un total de 39 músicos –instrumentistas e cantantes- integran a formación Los Gofiones, cunha dilatada carreira profesional e cunha vintena de discos no mercado. A agrupación creouse en Las Palmas de Gran Canaria no ano 1968, cun grupo de amigos, e nos últimos anos obtivo numerosos premios a nivel nacional e internacional. Los Gofiones combina a música popular canaria con novas fórmulas e reúne na actualidade a catro xeracións de profesionais implicados en impulsar o folclore canario. Recoñecidos artistas como Silvio Rodríguez, Lucrecia ou Kepa Junquera colaboraron con esta agrupación nalgúns dos seus traballos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal