Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CUARTA EDICIÓN DO MERCADO MEDIEVAL DE NARÓN DESENVOLVERASE DO 8 AO 10 DE XULLO
A CUARTA EDICIÓN DO MERCADO MEDIEVAL DE NARÓN DESENVOLVERASE DO 8 AO 10 DE XULLO
O Parque do Río Freixeiro acollerá este evento, cunha ampla programación que se desenvolverá durante tres días
Narón, 6 de xullo de 2016. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, e os responsables da empresa Géminis Servicios Temáticos, Antonio e Brais Otero, presentaron a cuarta edición do Mercado Medieval de Narón. A cita desenvolverase do 8 ao 10 de xullo no Parque do Río Freixeiro, xornadas nas que, tal e como indicaron os organizadores, se sucederán divertidos espectáculos de música, baile, malabares e maxia, entre outros, na citada ubicación, onde se localizarán además preto dun centenar de postos de venta de diferentes produtos.
A apertura dos postos do Mercado Medieval terá lugar o venres, día 8, a partir das 18.00 horas e desde as 18.30 músicos e malabaristas (os grupos Olta Gbahar e Trip Malabar) percorrerán a feira. O apartado cómico comezará ás 19.00 horas e ás 19.30 será o turno de Los Alegres tarados del Ritmo (de novo co personaxe Olta Gabhar) para a partir das 20.00 iniciarse un espectáculo de maxia. Tamén a última hora da tarde, sobre as 20.45 horas, os visitantes poderán ver en directo a un grupo de lanzadores de coitelos (con Trip e Malabar) e desde as 21.30 outro de malabaristas. A programación do venres rematará co espectáculo “Queredes ver lume?”, no que participarán varios personaxes e donde o lume, como indica o nome da actividade, será o protagonista.
Nas xornadas do sábado e do domingo os postos do Mercado Medieval abrirán a partir das 11.00 horas e ás 11.30 chegarán de novo a este evento Los Alegres tarados del Ritmo, que se poderán ver novamente a partir das 13.00 horas os dous últimos días. Tamén regresarán os lanzadores de coitelos, ás 12.00; a maxia, cun espectáculo que comezará ás 12.30 e o apartado cómico, desde as 13.30, para rematar a actividade matinal con Los Triduendes, a partir das 14.00 horas.
Durante a tarde do sábado e o domingo a reapertura dos postos do Mercado será ás 18.00 horas e ás 18.30 un grupo de músicos amenizará o espazo no que se desenvolve este evento, realizando un pecorrido pola zona. Así mesmo, sucederanse os espectáculos cómicos, desde as 19.00; dos Triduendes, a partir das 19.30; de malabarismo, desde as 20.15; de Los Alegres tarados del Ritmo, a partir das 21.00 e de maxia, ás 21.45. Finalmente terá lugar a tradicional actividade da Captura do dragón (Trip-Malabar), na que os visitantes poderán ver desde as 22.15 horas unha figura deste reptil mitolóxico de tres metros e medio de alto por seis de longo, e ás 22.20 dará comezo un novo espectáculo musical. Pechará a programación do Mercado Medieval o espectáculo “Queredes ver lume?”, que se iniciará ás 23.00 horas.
Tamén haberá actividades específicas para os nenos e nenas, tal e como indicaron desde a organización. No “Rincón infantil” poderán participar en diferentes xogos e tamén haberá atraccións de feira como carrusel e noria.
A edil de Festas destacou a calidade dos espectáculos que terán lugar neste evento durante toda a fin de semana e tamén o feito de que preto dun centenar de postos acudan a esta convocatoria. Así mesmo, Mar Gómez animou aos veciños e veciñas de Narón e doutros concellos a visitar esta cuarta edición do Mercado Medieval na localidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal