Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CLUB NARÓN GASTRONÓMICO PROMOCIONA A TRAVÉS DA SÚA WEB PRODUTOS DA ZONA E A HOSTALERÍA LOCAL
O CLUB NARÓN GASTRONÓMICO PROMOCIONA A TRAVÉS DA SÚA WEB PRODUTOS DA ZONA E A HOSTALERÍA LOCAL
A páxina: clubgastronomico.naron.gal presentouse coincidindo co inicio da primeira quenda da Ruta "Narón Gastronómico", na que participan unha vintena de establecementos de hostalería do municipio
Narón, 7 de xullo de 2016. O Club Narón Gastronómico, impulsado desde a Concellería de Promoción Económica de Narón, dispón dunha páxina web propia. O edil da área, Pablo Villamar, anunciou a entrada en servizo da web: clubgastronomico.naron.gal. A través desta páxina, tal e como apuntou o concelleiro naronés, o sector hostaleiro da cidade disporá “dun completo escaparate que iremos actualizando e no que se ofrecerá información sobre produtos alimenticios cultivados e comercializados na localidade, actividades dirixidas ao sector hostaleiro e outros moitos datos que se completan cun repaso pola actividade do programa municipal “Narón Gastronómico” desde o ano 2013”. Así mesmo, Villamar indicou que se pode consultar na páxina información sobre a trintena de establecementos que forman xa parte do Club Narón Gastronómico e ademáis, explicou, “ofrécese aos hostaleiros interesados en integrarse nesta entidade a posibilidade de facelo, de balde e dun modo moi sinxelo, a través dun formulario que poden descargar na propia web”.
O edil de Promoción Económica recordou que poden formar parte deste clube, ademais de representantes do sector hostaleiro local, os de empresas produtoras e comercializadoras, cooperativas e outras entidades que traballen neste mesmo ámbito. “A través do Club Narón Gastronómico daremos a coñecer tanto o sector hostaleiro como algúns dos produtos gastronómicos propios da nosa localidade noutros concellos”, asegurou o edil.
A presentación da páxina do Club Narón Gastronómico coincide co inicio da “Ruta Narón Gastronómico”, na que desde hoxe participan un total de dezanove establecementos de hostalería local. A iniciativa ten entre os seus obxectivos promocionar o Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, dous dos produtos que estarán entre os ingredientes das tapas que se servirán gratuitamente coas consumicións desde hoxe ata o domingo, día 10, e do 14 ao 17 de xullo nos establecementos adheridos. A clientela que participe nas xornadas degustando as tapas participará no sorteo de cestas con produtos da horta (dezanove, tantas como establecementos inscritos); dunha fin de semana enogastronómica no Ribeiro e de catro vales de compra nos locais de Mercaval (un por importe de 200 euros e tres de 100 euros).
A difusión do programa “Horta de Narón” impúlsase ademais co reparto de trípticos informativos nos que se ofrece información sobre os locais da zona urbana e rural de Narón (e a súa ubicación) que participan na Ruta gastronómica que se inicia hoxe; As “Gastroexperiencias” que se celebrarán a vindeira semana e a “XVIII Festa Gastronómica do Pemento do Couto”. Nesta edición participan os establecementos: Mesón Bugatti, Tokiño, Romero I, Romero II, Cervexería O Druída, Cervexería Folsom-La Quinta, Cervexería Australian, Cervexería New Orleans, Cervexería Índalo, Cervexería El Mercado, Parrillada El Mercado, A Parrillada do Couto, Gastrobar Piñeiros, Mesón O Pío, Silver 200 Monjes, Cervexería O Paseo, Hostal Restaurante Carballo, Mesón O Conxuro e Restaurante A Trasanquesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal