Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DIRIXIDA A NENOS E NENAS DE MÁIS DE CATRO ANOS
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DIRIXIDA A NENOS E NENAS DE MÁIS DE CATRO ANOS
"Túpiti, túpiti, túpiti, tap... xogar é para valentes!!!" é o nome da xornada, que se celebrará o vindeiro 18 de xullo e limitada á participación dun máximo de vinte menores
Narón, 12 de xullo de 2016. A Biblioteca Municipal acollerá o vindeiro luns, día 18, a actividade “Túpiti, túpiti, túpiti, tap… xogar é para valentes!!!”, dirixida a nenos e nenas maiores de catro anos. Así o anunciou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que explicou que se trata dunha convocatoria de animación á lectura entre os menores, incluida no programa Biblioespazo 2016. A concelleira anunciou que o prazo de inscrición nesta actividade está aberto desde esta mesma mañá e indicou que se pechará en canto se completen as vinte prazas dispoñibles.
Taibo destacou que durante esta actividade, que comezará a desenvolverse a partir das 11.00 horas, os participantes gozarán dunha “animada xornada de xogo na que un conto moi recoñecido entre os nenos e nenas será o eixo central da proposta, que contará coa colaboración de persoal da Biblioteca”.
As persoas interesadas en anotarse deben ter o carné de socio da Biblioteca municipal e teñen que deixar os seus datos no mostrador das citadas instalacións –de martes a venres de 9.00 a 14.00 e os luns e mércores de 18.00 a 21.00 horas- ou a través do número de teléfono 981 382 173.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal