Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UN CENTENAR DE NENOS E NENAS PARTICIPAN NO PROGRAMA "CONCILIAESCOLA VERÁN"
UN CENTENAR DE NENOS E NENAS PARTICIPAN NO PROGRAMA
A Concellería de Igualdade organiza esta convocatoria, que se desenvolve de luns a venres nas instalacións do CRA de Domirón
Narón, 13 de xullo de 2016. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, desprazouse ao Colexio Rural Agrupado de Domirón para visitar aos vinte e un rapaces e rapazas que participan na quenda desta semana do programa "ConciliaEscola Verán". Nesta proposta, impulsada desde o Concello e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, participan algo máis dun cento de menores de entre 4 e 12 anos. A edil de Igualdade recordou que "ConciliaEscola Verán" comezou o pasado 27 de xuño e rematará o vindeiro 1 de agosto, ao dividirse nun total de cinco quendas.
Os nenos e nenas chegan ao CRA de Domirón a primeira hora da mañá e permanecen no centro ata as 14.00 horas. Nese tempo, dous monitores encárganse de implicalos nunha gran variedade de actividades. Representacións de monicreques, debuxo, visitas á Biblioteca municipal, xogos de mesa e tiro con arco forman parte da programación que se leva a cabo tanto no interior como nos patios exteriores das instalacións, no caso de que o tempo así o permita. Esta semana, os rapaces e rapazas terán tamén a súa propia Festa da Auga, unha das citas máis divertidas e esperadas por todos eles.
Teresa Sabio asistiu a unha das divertidas representacións con monicreques protagonizada polos nenos e nenas. A edil naronesa conversou cos menores e felicitounos pola súa implicación nas diferentes actividades programadas. Así mesmo, a concelleira destacou a relevancia deste tipo de programas “dirixidos ás familias da localidade nas que traballan o pai e a nai, prioritariamente, e co fin de poder axudarlles a levar un pouco mellor, aínda que sexa por uns días, a conciliación da súa vida laboral e familiar”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal