Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O CONCERTO DO GRUPO CANARIO LOS GOFIONES E O XXVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O CONCERTO DO GRUPO CANARIO LOS GOFIONES E O XXVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE
O venres 15 será o turno de Los Gofiones, que compartirán escenario coa Banda de Gaitas de Narón e a coral da Sociedade Cultural Areosa, e o sábado 16 actuarán catro formacións folclóricas nacionais e internacionais e o Grupo de Bailes Tradicionais "Alxibeira"
Narón, 14 de xullo de 2016. O grupo de música canario Los Gofiones actuará mañá, a partir das 20.30 horas, no Pazo da Cultura. Os integrantes desta recoñecida formación farán un repaso do seu completo repertorio, consolidado cunha vintena de discos no mercado. O espectáculo completarase coas actuacións da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón e coa Coral da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros. As entradas para a actuación de Los Gofiones poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de cinco euros.
O sábado, día 16, terá lugar a vixésimo sexta edición do Festival Internacional de Folclore de Narón. Un ano máis subiranse ao escenario do Pazo da Cultura recoñecidas formacións musicais procedentes de diferentes países. Nesta ocasión, tal e como avanzou a vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, será o turno do Grupo de Folclore de Punta do Sol-Illa de Madeira (Portugal); da Asociación Cultural Folclórica “Salmorena Losareña” (Cáceres); de Sol Argentino (Arxentina) e de Folklorni Asamble Doma Kulture “Prnjavor” (Serbia). Así mesmo, nesta ocasión actuará tamén no marco da programación deste evento o Grupo de Bailes Tradicionais “Alxibeira”, do Padroado da Cultura de Narón. As actuacións comezarán a partir das 21.00 horas e as entradas, de balde, poden recollerse nas billeteiras do Pazo da Cultura.
Unha representación dos grupos que actuarán no Festival Internacional de Folclore e da formación grancanaria Los Gofiones estará mañá no Concello de Narón –no segundo andar-, a partir das 12.00, donde terá lugar unha recepción institucional. O alcalde, José Manuel Blanco, e a vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, recibiránnos no Concello acompañados por outros integrantes da corporación local. Os asistentes interpretarán algúns temas do seu repertorio durante o transcurso do acto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal