Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
SEIS MENORES SAHARAUIS PASARÁN ESTE ANO O VERÁN CON FAMILIAS DE ACOLLIDA DE NARÓN
SEIS MENORES SAHARAUIS PASARÁN ESTE ANO O VERÁN CON FAMILIAS DE ACOLLIDA DE NARÓN
Os nenos e nenas que participan no programa "Vacaciones en Paz" chegaron esta fin de semana á comarca
Narón, 16 de xullo de 2016. Un total de vinte e tres nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia) pasarán este verán con dezaséis familias de acollida de sete concellos da comarca, entre eles o de Narón. O sábado día 16 chegaban ao Consistorio naronés seis dos trece menores da primeira quenda do programa “Vacaciones en Paz”, aos que recibiron as súas respectivas familias de acollida de Narón, As Pontes e San Sadurniño, nesta ocasión, e a concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García. A iniciativa parte da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e conta coa colaboración de varios concellos da zona, entre eles o de Narón, donde quedarán este verán un total de seis menores que participan no programa.
Dos trece nenos e nenas que chegaron á comarca na primeira quenda, tres quedaron en Narón; cinco foron para Ferrol; dous para As Pontes e para San Sadurniño, Fene e Mugardos foron os outros tres. A representante en Ferrolterra da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez, estivo tamén en Narón cos participantes no programa e as familias de acollida. A chegada á localidade tivo lugar sobre as 9.30 horas, nun bus que partiu do aeroporto de Santiago de Compostela.
Na xornada do 17 de xullo a primeira hora chegan tamén a Narón algúns dos dez nenos e nenas da segunda quenda que pasarán tamén o verán con familias de acollida da comarca. Dos dez, tres quedarán en Narón; dous irán para Ferrol e outros tantos para Fene e Mugardos e un para Cariño, tal e como explicou a edil de Acción Social, Catalina García.
A concelleira naronesa valorou o feito de que “grazas á asociación e a todas estas familias de Narón e doutros concellos da comarca, un ano máis, a pesares das non poucas dificultades que houbo que solventar nesta ocasión, vinte e tres nenos e nenas poderán pasar o verán alonxados das elevadas temperaturas que se rexistran nos campamentos de refuxiados saharauis durante estes meses e realizar as oportunas revisións médicas”. A edil de Acción Social deu a benvida aos nenos e nenas e avanzoulles que nos próximos días se convocará no Concello naronés unha recepción oficial aos seis nenos e nenas que pasarán o verán nesta localidade, de donde partirán de novo cara aos campamentos arxelinos o vindeiro mes de setembro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal