Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALGO MÁIS DE CINCOCENTAS PERSOAS ASISTIRON Á DEGUSTACIÓN DA "XVIII FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO"
ALGO MÁIS DE CINCOCENTAS PERSOAS ASISTIRON Á DEGUSTACIÓN DA
Os comensais reuníronse baixo una carpa instalada para a ocasión nas inmediacións do local social da Picota
Narón, 17 de xullo de 2016. A décimo oitava edición da Festa Gastronómica do Pemento do Couto reuniu xunto ao local social da Picota a algo máis de medio milleiro de persoas. A cita, organizada polo Concello, a cooperativa do Val, a Asociación de Veciños do Couto e a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, foi todo un éxito. A partir das 10.00 horas abriron os postos instalados nas inmediacións do local social da parroquia, nos que se podían adquirir diferentes produtos de alimentación ecolóxica, xabróns artesáns e doces, entre outros. A media mañá comezaron a desenvolverse os actos incluídos na programación desta tradicional cita festiva da localidade.
O presidente da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, Tomás Casal, encargouse de presentar un acto no que a partir das 13.00 horas a xornalista compostelana Raquel Fernández se encargou da lectura do pregón, no local social da Picota. Na súa intervención, Fernández, que na actualidade exerce a súa profesión na TVG, destacou o traballo de produtores e comercializadores destes afamados pementos e recordou aos alí presentes algunhas das características da variedade propia dos do Couto. O representante da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto asegurou que a elección da xornalista compostelana responde a anteriores traballos xornalísticos realizados por ela sobre esta variedade de pementos. Trala intervención de Raquel Fernández, tal e como estaba previsto, Casal agradeceulle a súa presencia no acto e entregoulle uns agasallos para, a continuación, proceder á distinguir co “Pemento de Honra” a Anselmo Beceiro, expresidente da Asociación de Veciños do Couto. Tomás Casal destacou a labor de Beceiro nos últimos catorce anos á fronte da entidade veciñal da parroquia e tamén a súa “inestimable” axuda na organización de diferentes actos, entre eles anteriores edicións da “Festa Gastronómica do Pemento do Couto”. O alcalde, José Manuel Blanco, foi o encargado de colocarlle a capa da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto e de entregarlle a un emocionado Anselmo Beceiro o “Pemento de Honra”. O expresidente da AVV tomou a palabra para asegurar que o premio é da Asociación de Veciños, e recordou tamén o traballo realizado por outras persoas da entidade veciñal do Couto, ofrecendo a súa colaboración á nova directiva, á que agradeceu o relevo.
Rematados os actos oficiais, os asistentes a esta cita festiva ocuparon as mesas e sillas ubicadas baixo unha carpa xunto ao local social da Picota, donde se dispuxeron a degustar un menú a base de churrasco - 370 quilos-, pementos do Couto –servíronse case cincocentos quilos-, cachelos, pan, auga, viño, xeado e café ao tizón, cun custe de doce euros por persoa. Veciños e visitantes tiveron a oportunidade de degustar os saborosos pementos do Couto, cuxa excelente calidade recoñece a súa Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
Así mesmo, o mosteiro do Couto, que onte á noite rexistrou tamén un importante número de visitas con motivo das exitosas “Noites no mosteiro”, coa iluminación exterior do cenobio e música de cámara no interior a cargo do grupo “Musgalia”, foi outra das propostas ofertadas no programa festivo. Entre as 11.00 e as 12.00 desenvolvéronse varias visitas guiadas ao interior deste cenobio naronés e a convocatoria repetiuse de 17.00 a 19.00 horas. Non faltou tampouco a música, a cargo dun dúo que amenizou a xornada festiva, que se prolongarou durante boa parte da tarde.
A concelleira de Festas, Mar Gómez, agradeceu a labor da Asociación de Veciños do Couto, da cooperativa do Val e da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, “por manter con gran éxito esta celebración que vai xa pola décimo oitava edición pero que grazas á boa acollida entre a veciñanza e os visitantes, poderá cumprir moitas máis”. A edil tivo tamén palabras de agradecemento para os veciños e veciñas que cultivan estes pementos, “contribuíndo a que poidamos continuar celebrando esta festa gastronómica e tamén dando a coñecer a gran calidade destes pementos fóra de Narón e desta comarca”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal