Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA ONG UNICEF NA ORGANIZACIÓN DUNHA CEA BENÉFICA EN APOIO ÓS REFUXIADOS DE SOMALIA
Terá lugar o próximo 25 de Abril no Pazo Libunca, e os beneficios obtidos se destinarán a un proxecto de axuda humanitaria no país africano.
Narón, 21 de Abril de 2008.- O Concello de Narón expresou hoxe o seu apoio á ONG Unicef -adicada á protección e promoción dos dereitos da infancia en todo o mundo- coa aportación dun donativo de 1.200 euros, que se destinarán a un proxecto de axuda humanitaria en Somalia (Africa). Co fin de recadar o maior número de fondos destinados ós case 2 millóns de desprazados que precisan unha urxente asistencia sanitaria nese país, Unicef levará a cabo o venres 25 de Abril unha cea benéfica no hotel Pazo Libunca (Narón), a partires das 21:30 horas. O prezo do cubierto é de 45 euros por persoa, e haberá unha actuación musical así coma unha subasta de arte. Os interesados en asistir, poden mercar as entradas por medio de abono na conta da Fundación Unicef de Caixa Galicia (2091-0300-42-3040144174) facendo constar o seu nome, ou ben por compra directa na sede de Unicef en Ferrol, situada na calle Sánchez Calviño, nº 54, entrechán. Tamén se admiten donativos a través da “mesa cero”, para as persoas, entidades e institucións que desexen colaborar económicamente con esta iniciativa solidaria. Ademáis do donativo, o Concello de Narón estará representado institucionalmente nesta cea benefica, á que asistirán varios concelleiros do grupo de goberno. A edil de Protocolo, Paloma Gónzalez Cuevas, recoñeceu hoxe a “labor que desenvolven os homes e mulleres que integran esta ONG comprometida coa infancia, coa promoción da saúde, a educación e a igualdade no terceiro mundo”. Por este motivo, dende o goberno municipal de Narón “queremos invitar a tódolos naroneses e naronesas a asistir a esta cea, porque respaldamos totalmente os fines ós que se destinarán os seus beneficios”, declarou a Concelleira. En representación do comité local de Unicef, o seu presidente, Rafael Aneiros, explicou que a ONG conta con cerca de 600 socios na comarca de Ferrolterra, e nesta cena se distinguirá ó membro máis antigo, o ferrolano Fernando Bores. “Tamén queremos dar unha distinción a un empresario naronés que colabora de xeito contínuo con Unicef”, engadiu. Aneiros concluíu expresando o agradecemento e apoio constante do Concello de Narón a esta organización.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal