Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A EDIL DE FORMACIÓN ENTREGOU OS DIPLOMAS DE TRES ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA MUNICIPAL "HABILITA 2016"
A EDIL DE FORMACIÓN ENTREGOU OS DIPLOMAS DE TRES ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA MUNICIPAL
Un total de trinta e dúas persoas remataron con éxito as accións formativas sobre "Panadería e Bolería", "Peixeiro/a" e "Electricidade Básica", dirixidas a desempregados de Narón maiores de 18 anos
Narón, 18 de xullo de 2016. A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, entregou os diplomas aos participantes nas accións formativas de Panadería e Bolería (310 horas); Peixeiro/a (300 horas) e Electricidade Básica (300 horas), convocados no marco do programa municipal “Habilita 2016”. A edil naronesa felicitou ás trinta e dúas persoas que recibiron esta mañá os seus diplomas no Concello, tanto por ter rematada a convocatoria como pola súa aposta por ampliar a súa formación. Hermida destacou o feito de que “das trinta e dúas persoas que resultaron aptas cumprindo as horas estipuladas, un total de nove están traballando na actualidade, o que constata o éxito deste tipo de accións formativas en materia de inserción laboral”.
A concelleira naronesa explicou aos asistentes que a convocatoria destas tres accións formativas supuxo ao Concello un investimento de case 29.300 euros, se ben incidiu en que nesta cantidade non se computan os gastos das instalacións municipais nin do persoal da administración local que se implica na organización dos programas formativos. O “Habilita 2016” diríxese a persoas de Narón, desempregadas e maiores de 18 anos, tal e como recordou a responsable da área.
Natalia Hermida desexou moita sorte aos participantes nos cursos e manifestou o seu desexo de que “todos e cada un de vós poidades acceder a un posto de traballo, para que a inserción laboral tras acudir a estas convocatorias alcance o cen por cento”. A edil agradeceu tamén a colaboración das empresas nas que os participantes realizan a parte práctica da formación e confirmou a aposta da área que preside por continuar investindo en diferentes accións formativas “co fin de que a veciñanza de Narón poida incrementar os seus coñecementos e ter máis opcións á hora de acceder ao mercado laboral”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal