Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE CAMPO DA SERRA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O "IMPACT WEEKEND NARÓN 2016"
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE CAMPO DA SERRA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O
O Concello colabora coa Asociación Cultural Impact na organización do evento, no que participarán outras asociacións e colectivos co fin de diversificar a oferta de ocio
Narón, 20 de xullo de 2016. O pavillón municipal Campo da Serra, en Santa Icía, acollerá esta fin de semana, do 22 ao 24, o Impact Weekend Narón 2016. O Concello de Narón colabora nesta proposta de ocio, que prevé reunir a numerosas persoas durante as tres xornadas nas que se desenvolverá o evetento, impulsado desde a Asociación Cultural Impact. Para os torneos do sábado e do domingo están anotadas algo máis de cen persoas en cada xornada, tal e como explicou o presidente de Impact, Antonio Adalid.
Os asistentes poderán gozar dunha gran variedade de actividades, nas que participarán a Asociación Retronarón, a Asociación Mesa Cuadrada, o Club Excalextric Narón, a Asociación Legion Gamer e a Asociación Cultural Impact. En canto aos xogadores, este ano acudirán representantes de diferentes concellos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Madrid e Castela León, entre outros, e tamén desde Portugal, tal e como avanzou Antonio Adalid.
A Asociación Mesa Cuadrada propón o torneo X-Wing o sábado e partidas introdutorias de Bolt Accion, Infinity e Saga o domingo e a de Excalextric de Narón montará unha pista a catro carrís que estará operativa nas xornadas do sábado e o domingo. Tamén haberá unha exposición da Asociación Retronarón durante o sábado de carácter retro e con xogos de consolas tamén retro para os asistentes interesados. A maiores, Legion Gamer Coruña traerá a Narón os torneos FIFA 2016 e Tekken e, nas diversas modalidades de cartas, a Asociación Cultural Impact inaugurará o venres pola tarde, a partir das 16.30 horas, os torneos clasificatorios Carnicerías de Legacy; o sábado desde as 10.00 o Impact Legacy e Carnicerías de Modern e o domingo, desde esa mesma hora o Impact Modern, xunto con torneos de Magic The Gatering durante toda a fin de semana nos formatos de Modern e Legacy, tal e como indicaron desde o colectivo. A maiores das persoas inscritas, as interesadas poderán anotarse o propio día das actividades, antes do inicio das mesmas, no propio pavillón de Campo da Serra, a partir das 16.30 horas o venres e entre as 9.00 e as 9.50 o sábado e o domingo.
Así mesmo, entre os artistas convidados a esta cita están Marta Molina (Segovia), unha das mellores alteradoras a nivel nacional do mundo Magic Gamergy, que amosará os seus traballos na localidade; e as cosplayers Kate Key (Zaragoza) e Belify Bel (Madrid), que realizarán cosplays específicos para o Impact Weekend desta fin de semana na localidade.
As persoas interesadas en obter máis información sobre este evento, así como das normas para participar, poden facelo a través de diferentes redes sociais: Twitter (@impactreturns1); Instagram (ImpactReturns) e Facebook (Impact Returns), así como das páxinas: www.impactreturns.com e www.asociacionculturalimpact.weebly.com.


Descarga de archivos
ProgramaTamaño: 200,45 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal