Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU O SORTEO DOS PREMIOS DA "IV RUTA GASTRONÓMICA HORTA DE NARÓN 2016"
A campaña repartiu nesta edición un total de vinte e cinco agasallos, que se entregarán a vindeira semana aos gañadores
Narón, 21 de xullo de 2016. O sorteo dos vinte e cinco premios incluídos na cuarta edición da “Ruta Gastronómica Horta de Narón 2016” tivo lugar no Concello. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, valorou a elevada participación nesta convocatoria, na que colabora a Cooperativa do Val, e á que se adheriron dezanove establecementos de hostalería do municipio, que serviron coas consumicións tapas de balde elaboradas con Pementos do Couto e Tomate Negro, do 7 ao 10 e do 14 ao 17 de xullo. O edil apuntou que no total dos locais participantes se recolleron algo máis de cinco mil papeletas, entre as que se procedeu a sortear os diferentes premios. En total entregaranse dezanove cestas con produtos da horta (unha por establecemento); un vale de 200 euros e tres de 100 para adquirir produtos nas tendas de Mercaval, e dúas fins de semana enogastronómicas para dúas persoas nun hotel rural con aloxamento, comida e visita a unha bodega con entrada a “túnel de viños” -con quince referencias da Denominación de Orixe Ribeiro-. Os premiados coas cestas de produtos da horta poderán recollelas nos establecementos nos que resultaron galardoados a partir do vindeiro venres, día 29 de xullo. Os gañadores por cada local foron: Mesón Bugatti: Ludis Rubín Tokiño: Hixinio Blanco Romero I: Antonio Sousa Romero II: María Antonia Martínez Cervexería O Druída: Juan Seoane Cervexería La Quinta: Marco Gil Cervexería Australian: Isa Crespo Cervexería New Orleáns: Andrés Rodríguez Cervexería El Mercado: Sandra Piñeiro Cervexería O Paseo: José Manuel Fachal Cervexería Índalo: Isidoro Salvador Figueroa Parrillada El Mercado: Yolanda Garrote A Parrillada do Couto: María Veiga Gastrobar Piñeiros: Roberto Fernández Mesón O Pío: José Sabín Silver 200 Monjes: Daniel Neira Hostal Restaurante Carballo: Francisco Fernández Mesón O Conxuro: Ángel Ríos Restaurante A Trasanquesa: Silvia Coba Así mesmo, o vale por importe de 200 euros para canxear por produtos nas tendas Mercaval, da cooperativa do Val, foi para Valentina Martínez e os tres de 100 euros para: Lola Vidal, Pili Gurpegui e Margarita Díaz. Por último, procedeuse a sortear as dúas fins de semana enogastronómicas, que serán para Tania Rivera e Gonzalo Fernández. O mércores día 27 de xullo recibirán os seus vales nun acto a desenvolver no Concello, tal e como avanzou o edil de Promoción Económica. Villamar agradeceu a participación dos establecementos de hostalería adheridos a esta iniciativa e tamén da cooperativa do Val, nunha proposta que, subliñou, “un ano máis nos permite continuar promocionando conxuntamente a excelente calidade de produtos da horta do noso concello, como o Pemento do Couto e o Tomate Negro, nesta ocasión”. Así mesmo, o concelleiro naronés destacou a boa acollida que a proposta tivo un ano máis entre os veciños e veciñas de Narón e tamén doutras persoas que se achegaron desde outras localidades aos establecementos adheridos e participaron nesta edición da Ruta Gastronómica.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal