Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGADOS OS DIPLOMAS DE TRES CURSOS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS PARA DESEMPREGADOS
ENTREGADOS OS DIPLOMAS DE TRES CURSOS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS PARA DESEMPREGADOS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, subliñou o elevado índice de inserción laboral destas convocatorias, que remataron un total de corenta e dúas persoas
Narón, 22 de xullo de 2016. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregou os diplomas de tres cursos do programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD), subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que remataron o pasado ano. Recibiron os seus diplomas un total de corenta e dúas persoas –das corenta e cinco matriculadas-, aínda que non puideron acudir todas á convocatoria debido a que unha gran maioría do alumnado xa está traballando. Foi precisamente o feito de acadar ese obxectivo un dos apartados máis valorados pola concelleira de Formación, que destacou que “algo máis dunha vintena de persoas están traballando na actualidade grazas á realización destes tres cursos”. As modalidades impartidas foron: “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (628 horas); “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (478 horas) e “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” (478 horas).
Hermida felicitou ás persoas que remataron a totalidade dos módulos pola súa “motivación” á hora de continuar o camiño da formación para ampliar as súas posibilidades de acceder a un posto de traballo. Así mesmo, destacou a labor do Concello en materia formativa, neste caso en colaboración coa administración autonómica, e tamén do persoal do Concello que realiza as pertinentes xestións para poder convocalos e das empresas que colaboran para impartir os módulos prácticos. Son precisamente estas empresas, subliñou Hermida, “as que actualmente teñen entre o seu plantel a algúns alumnos e alumnas destes tres cursos, polo que desde o Concello agradecemos a súa colaboración”. Os cursos de Atención sociosanitaria, tanto en institucións como no domicilio, foron os que rexistraron un nivel máis elevado de inserción laboral, indicou Hermida.
A edil de Formación recordou aos asistentes que no caso de ter rematados todos os módulos poden solicitar –a maioría xa o fixeron- un certificado de profesionalidade, que se lles remite desde a administración autonómica. O alumnado dos tres cursos seleccionouse desde o Concello a través dos listados facilitados desde a Oficina de Emprego, ao tratarse de cursos AFD.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal