Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA LICITA O CONTRATO DE EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE MÁQUINAS EXPENDEDORAS DE ALIMENTOS E BEBIDAS NO PAZO
As ofertas para a instalación dun total de tres máquinas deben entregarse na Secretaría do Padroado da Cultura, na rúa Holanda
Narón, 26 de xullo de 2016. O Padroado da Cultura licita o contrato para a explotación do servizo de máquinas expendedoras de alimentos e bebidas no Pazo da Cultura, na rúa Holanda. O orzamento de licitación é de 300 euros ao ano para a instalación dun total de tres máquinas e o contrato rubricarase por un período máximo de dous anos, con posibilidade de prorrogalo durante outros dous no caso de que así se acorde entre as partes. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen dun prazo de quince días naturais -contados desde o pasado 23 de xullo- para presentalas na Secretaría do Padroado da Cultura, tal e como se indicou desde o organismo. A iniciativa aprobouse na pertinente Xunta do Padroado co obxectivo de ampliar a oferta de servizos nas citadas instalacións, según recordou a vicepresidenta do organismo, Marián Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal