Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CARREIRA DO "XVIII OENACH ATLÁNTICO DE SEDES" REPARTIRÁ DEZAOITO TROFEOS
A CARREIRA DO
A cita está incluída na programación da última xornada festiva, o día 31 de xullo, e habilitaranse diferentes categorías segundo as idades dos participantes
Narón, 26 de xullo de 2016. O “XVIII Oenach Atlántico de Sedes”, que se desenvolverá esta fin de semana, do 29 ao 31 de xullo, no recinto do Trece (Sedes), inclúe na súa programación unha carreira popular que terá lugar na xornada do domingo, día 31. Os participantes percorrerán diferentes tramos en función das categorías habilitadas: ata 8 anos; ata 13 anos, e absoluta (todas elas nas modalidades masculina e feminina). O traxecto para a de adultos é de cinco quilómetros e discorrerá entre o recinto feiral do Trece e o Castro de Eiravedra. Os nenos e nenas que participen nas categorías de ata 8 e ata 13 anos correrán por un circuíto de menor distancia que se habilitará nas inmediacións da Feira do Trece, tal e como indicaron desde a organización. A carreira comezará a desenvolverse a partir das 19.00 horas na categoría de menor idade e entregaranse un total de dezaoito trofeos entre os mellor clasificados de cada unha delas. As persoas interesadas en participar nas carreiras deberán anotarse previamente, de balde, no propio recinto do Trece, dispoñendo de prazo ata o mesmo día das competicións, trinta minutos antes de que comecen.
A entrega de trofeos terá lugar a partir das 20.30 horas, unha vez rematadas as diferentes probas deportivas. Trala celebración das carreiras e a entrega dos trofeos procederase á clausura da programación da que será a décimo oitava edición do Oenach Atlántico de Sedes. Esta actividade deportiva convocada con motivo do Oenach reúne cada ano a decenas de participantes de diferentes idades procedentes tanto do municipio naronés como doutras localidades que acoden a esta tradicional cita da tempada estival, tal e como apuntaron os organizadores.
O programa do Oenach Atlántico, que inclúe a maiores durante toda a fin de semana actividades musicais, teatrais e exposicións, entre outras, está organizado polo Padroado da Cultura de Narón, a Concellería de Turismo e a Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, de Sedes, coa colaboración, entre outras, da Axencia de Turismo de Galicia –está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia- e de Abanca.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal