Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU A ENTREGA DE SEIS PREMIOS DA "RUTA GASTRONÓMICA HORTA DE NARÓN"
Os gañadores de catro vales de compra canxeables nas tendas Mercaval e de dúas fins de semana "enogastronómicas" recibiron os premios no Consistorio, se ben os galardoados coas cestas de produtos da horta poderán recollelas a partir do 29 de xullo nos establecementos de hostalería correspondentes
Narón, 27 de xullo de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco; o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar; o xerente da cooperativa do Val, José Manuel Castro Leirachá, e o vicepresidente da AVV do Couto, Xosé Rivas, entregaron no Concello seis dos vinte e cinco premios concedidos tralo remate da “Ruta Gastronómica Horta de Narón”. Repartíronse catro vales de compra para canxear nos establecementos Mercaval, da cooperativa do Val, que recaeron en Valentina Martínez, o sorteado por un importe de 200 euros, e en Lola Vidal, Pili Gurpegui e Margarita Díaz, os tres de 100 euros cada un. Así mesmo, Tania Rivera e Gonzalo Fernández resultaron premiados cada un cunha fin de semana “enogastronómica” para dúas persoas, que se aloxarán nun hotel rural e visitarán unha bodega con quince referencias de Denominación de Orixe Ribeiro. O rexedor local e o edil de Promoción Económica felicitaron aos gañadores destes premios, valorando a súa participación na campaña e tamén a de todos os establecementos de hostalería da localidade que se sumaron á mesma, así como a colaboración da cooperativa do Val e da entidade veciñal do Couto. O sorteo dos premios realizouse a pasada semana no Concello e no mesmo tamén se anunciou o nome das dezanove persoas galardoadas con outras tantas cestas con produtos da horta. Os gañadores poderán recollelas a partir do día 29 de xullo nos establecementos de hostalería nos que resultaron premiados, tal e como recordou o edil de Promoción Económica. A “Ruta Gastronómica Horta de Narón” celebrou este ano a súa cuarta edición. Entre o 7 e o 10 e desde o 14 ata o 17 de xullo un total de dezanove locais de hostalería do municipio serviron entre a súa clientela pinchos –de balde- coas consumicións elaborados con Pemento do Couto e Tomate Negro, cultivados en Narón e comercializados a través da cooperativa do Val. A súa calidade promociónase a través desta e doutras iniciativas, impulsadas desde a Concellería de Promoción Económica de Narón, e neste caso, xunto coa cooperativa do Val, a AVV do Couto e a Denominación de Orixe Ribeiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal