Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADA A PRIMEIRA GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS EN EDUCACIÓN IGUALITARIA
O Concello repartirá esta publicación en colexios, asociacións de veciños e entidades deportivas de Narón.
Narón, 23 de Abril de 2008.- O Concello de Narón acaba de editar unha guía sobre educación en igualdade, dirixida especialmente ós escolares pero tamén ás familias e á comunidade. Baixo o título de “Coeducando construimos igualdade”, a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe esta publicación, que se repartirá nas escolas deportivas, asociacións de veciños e centros escolares de Narón. O obxectivo principal desta iniciativa é fomentar a igualdade entre ambos sexos en tódolos ámbitos e a educación en valores non sexistas. “O feito de poñer en evidencia os problemas existentes como consecuencia da falta de igualdade real entre mulleres e homes e os problemas da violencia de xénero é un traballo moi importante que se debe realizar dende as institucións. Pero si queremos transformar unha comunidade, na que aínda pesan determinados estereotipos, é imprescindible dotala dun soporte informativo e educacional”, sinalou a Concelleira de Igualdade. A guía de igualdade pretende servir de instrumento pedagóxico ós profesionais, ás familias e ós cidadáns en xeral “para rachar tópicos e estereotipos que aínda están presentes na sociedade”, declarou Mª del Carmen Espada. Esta iniciativa forma parte do programa da Muller e do Plan Municipal de Igualdade, e incide principalmente en tres ámbitos: a familia, a escola, e a comunidade. Neste contexto, a familia enténdese como estructura social básica onde os seus membros se relacionan a diferentes niveis e na que “cando algo afecta a un membro, afecta a tódolos demais dun xeito directo ou indirecto”, dixo a Edil. A escola tamén ten un papel relevante na educación para a igualdade, xa que concíbese coma un espazo de formación das persoas e de convivencia educativa. Por último, resulta imprescindible tomar conciencia deste asunto na comunidade porque é aquí onde os nenos e nenas teñen a oportunidade de participar na construcción dunha sociedade máis xusta, e polo tanto na asimilación e difusión dos valores igualitarios.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal