Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PISTA POLIDEPORTIVA DE PEDROSO ACOLLERÁ A CELEBRACIÓN DA FESTA DO PORCO AO ESPETO
A PISTA POLIDEPORTIVA DE PEDROSO ACOLLERÁ A CELEBRACIÓN DA FESTA DO PORCO AO ESPETO
A cita gastronómica reunirá o 20 de agosto na citada parroquia naronesa a unhas trescentas persoas
Narón, 18 de agosto de 2016. A Asociación de Veciños “Virxe da O” de Pedroso e o Concello de Narón organizan –en colaboración co establecemento Maxi Pedroso- unha nova edición da festa gastronómica do porco ao espeto, unha tradicional cita que terá lugar este sábado, día 20, a partir das 21.30 horas. A convocatoria desenvolverase na pista polideportiva de Pedroso, baixo unha carpa con capacidade para unhas 300 persoas, e na mesma non faltará unha actuación musical para amenizar a xornada. A comezos desta semana xa se venderan máis de 200 tickets para acudir a esta convocatoria, tal e como recordou a organización. A concelleira de Festas, Mar Gómez, animou á veciñanza a asistir a esta cita, que reúne cada ano a numerosas persoas na parroquia de Pedroso.
A organización puxo á venta tickets para adultos, a un prezo de 15 euros, cun menú a base de porco ao espeto ou churrasco, pan e patacas, bebidas, postre e café, e outro infantil de sete euros –sen café- para nenos e nenas de 7 a 14 anos. Os tickets dispoñibles comezaron a venderse hai varios días e as persoas interesadas en adquirilos poden facelo -no caso de que queden dispoñibles- contactando coa organización.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal