Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN ITINERARIO PROFESIONAL DE INSERCIÓN EN SERVIZOS DE CAFETERÍA E BAR
A Concellería de Formación impulsa esta proposta formativa, dirixida a persoas da localidade desempregadas e maiores de 18 anos
Narón, 25 de agosto de 2016. A Concellería de Formación convoca un itinerario profesional de Inserción en servizos de cafetería e bar. A proposta diríxese a veciños e veciñas de Narón desempregados e maiores de 18 anos, tal e como apuntou a edil da área, Natalia Hermida. O vindeiro 29 de agosto abrirase o prazo de inscrición neste itinerario, con 15 prazas e que comezará a impartirse o 12 de setembro no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. O programa desta proposta formativa inclúe sesións de Prevención de riscos laborais; Hixiene alimentaria; Servizos de cafetería e bar; Atención ao cliente; Orientación profesional e Inglés aplicado á hostalería. O itinerario terá unha duración de 230 horas e rematará o 30 de novembro. Da duración total, 100 horas serán de prácticas profesionais non laborais en cafeterías e bares da zona que xa anunciaron o seu interese en colaborar con este programa formativo. As persoas interesadas en inscribirse deben cumplimentar unha instancia que poden recoller no Concello ou descargar da páxina web municipal –www.naron.es- e entregala no Rexistro xeral do Consistorio, en horario de 8.30 a 13.00. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para obter máis información sobre o itinerario profesional de Inserción en servizos de cafetería e bar pódese contactar con persoal do Servizo Sociocomunitario, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602, 1120, 1107 ou 1123).
Descarga de archivos
FICHA DE INSCRICIÓN
Tamaño:167,92 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal