Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA DESIGNAR AOS INTEGRANTES DAS MESAS ELECTORAIS DO 25 DE SETEMBRO
As persoas designadas a través do pertinente sorteo informático recibirán nos vindeiros días unha notificación do Concello no seu domicilio habitual
Narón, 29 de agosto de 2016. A corporación local asistiu esta mañá, ás 10.00 horas, a un pleno extraordinario convocado cun único punto na orde do día, nomear aos integrantes das mesas electorais de cara ás eleccións autonómicas que se celebrarán o vindeiro 25 de setembro. No municipio instalaranse un total de 47 mesas para un censo de 32.106 votantes. A través do procedemento habitual, mediante un sorteo informático, designanse os presidentes, vocais e dous suplentes para cada unha das mesas. As persoas seleccionadas no proceso recibirán nos vindeiros días unha notificación procedente do Concello na súa vivenda habitual. Na misiva indicaráselles o procedemento a seguir no caso de que consideren oportuno presentar reclamacións ante a Xunta Electoral de Zona –no xulgado de Ferrol-, así como dos prazos estipulados para tal fin.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal