Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A TERCEIRA EDICIÓN DA "FESTA INFANTIL CIDADE DE NARÓN" CELEBRARASE O 4 DE SETEMBRO NO PARQUE FLUVIAL DE FREIXEIRO
A TERCEIRA EDICIÓN DA
A convocatoria desenvolverase en horario de mañá e tarde e inclúe música e varias actividades e xogos para os nenos e nenas
Narón, 1 de setembro de 2016. A terceira edición da “Festa Infantil Cidade de Narón” terá lugar o vindeiro domingo, día 4, no Parque fluvial de Freixeiro. Os nenos e nenas poderán gozar dunha gran variedade de actividades organizadas polo Concello e a empresa La Guagua. A edil de Festas, Mar Gómez, e a xerente da citada empresa, Carla Iglesias, presentaron o evento, que se desenvolverá en horario de 12.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00 horas. A concelleira naronesa animou aos veciños e veciñas a sumarse a esta convocatoria lúdica e cun apartado didáctico a través de varios obradoiros pensados para o público infantil e nos que tamén poderán implicarse as persoas maiores.
Ao longo da mañá e da tarde haberá unha serie de actividades e atraccións permanentes, como inchables –dous deles serán acuáticos e dous secos, cun específico para menores de tres anos-, touro mecánico, camas elásticas, obradoiros de globoflexia, maquillaxe e pompeiros –para facer pompas de xabón- e tobogáns acuáticos, entre outras. Así mesmo, permanecerá operativo un circuíto de karts que se instalará no parque para a ocasión. O programa inclúe ademáis unha xinkana de habilidades, a partir das 12.00, na que se desenvolverán varias actividades, unha delas cunhas “gafas idiotizadoras” que distorsionan a visión, e un pequeno musical: “Lúa en Vila dos libros”, ás 13.00 horas.
Xa pola tarde, ás 16.30 comenzará o “CantaeBaila”, con cancións típicas da Guagua e tamén un apartado específico con música galega, e ás 18.00 será a actuación do Paiaso Popin. A convocatoria inclúe a partir das 19.00 horas a Festa da espuma e auga, unha das citas que congrega a un maior número de persoas nesta cita, tal e como destacou a edil da área.
A concelleira de Festas recordou que esta convocatoria, que alcanza este ano a súa terceira edición na localidade, servirá para dar por rematadas as actividades de verán programadas desde o Concello para os nenos e nenas antes do inicio do próximo curso escolar. “O entorno no que se celebra a Festa Infantil permitirá aos asistentes gozar dunha xornada festiva cunha gran variedade de actividades, todas de balde”, subliñou Gómez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal