Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ASINA UN CONVENIO COA ONG ACCIÓN FAMILIAR PARA DESENVOLVER PROGRAMAS DESTINADOS AO COLECTIVO XITANO
O acordo rubricado polo alcalde, José Manuel Blanco, e Concepción Rubio, representante da entidade, contempla unha achega económica de 30.000 euros das arcas municipais
Narón, 2 de setembro de 2016. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e Concepción Rubio, representante da entidade Acción Familiar (AFA Ferrol), asinaron no Concello un convenio de colaboración en materia de acción social. O rexedor local destacou o traballo que realiza a ONG AFA Ferrol co colectivo xitano e anunciou unha aportación das arcas locais de 30.000 euros para desenvolver programas na localidade destinados ás familias xitanas. O acordo rubricado estará en vigor ata o 31 de decembro deste ano. Blanco explicou que o goberno local aposta con este convenio por “dar continuidade aos programas que desde hai máis dunha década se levan a cabo no termo municipal para erradicar o chabolismo, contribuír ao desenvolvemento e á integración social do colectivo xitano, en colaboración con outras administracións”. O Concello aportará ademais da citada partida económica a colaboración de persoal do Servizo Sociocomunitario, tal e como destacou o alcalde. Entre os programas a implantar ata finais de ano desde AFA Ferrol destacan os referentes ao ámbito da vivenda; educación de menores e adultos; emprego; saúde e acción e sensibilización social, entre outros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal