Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO FINANCIA UNHA NOVA FURGONETA ADAPTADA PARA OS MINUSVÁLIDOS
O novo vehículo da Asociación de Minusválidos ten capacidade para transportar seis cadeiras de rodas.
Narón, 25 de Abril de 2008.- Representantes do goberno municipal presentaron hoxe na Praza de Galicia a nova furgoneta adaptada, que dará servicio á Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) de Narón e que foi financiada no 40% polo Concello. A inversión municipal no novo vehículo ascende a máis de 12.000€, o que foi calificado polo presidente da ASCM, Angel Gárate, coma unha grande axuda económica. O Alcalde de Narón, Xoán Gato, explicou que o Concello leva seis anos colaborando coa Asociación de Minusválidos a través do programa ANTA. O rexedor engadiu que o transporte adaptado “é un bo servicio para este colectivo, e dende o Concello tratamos de diversificar as axudas para cubrir toda a área de servizos sociais. A compra deste vehículo supón un paso máis para a integración e a movilidade das persoas con minusvalías físicas, que son os que máis apoio necesitan da sociedade”, concluíu. O Concelleiro de Servizos Sociais Xerais, Miguel Hermida, expresou a súa satisfacción por poder colaborar con iniciativas coma esta. “Hoxe é un día para felicitarnos, porque contribuimos a mellorar o servizo de transporte adaptado e nesa liña continuaremos traballando”, declarou. Nembargantes, Hermida lamentou que otras administracións (coma a Xunta, ou o Goberno Central) non invertisen do mesmo xeito que a local “porque se o fixeran, os veciños, sobre todo os da zona rural, terían un mellor servizo de transporte adaptado”, dixo. O vehículo comprado coa axuda do Concello é un Ford Transit Kombi, con capacidade para 6 cadeiras de rodas, plataforma elevadora na parte traseira e escalón lateral -ambos eléctricos-. Ten capacidade para transportar, no seu conxunto, a nove pasaxeiros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal