Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS NENOS E NENAS SAHARAUIS QUE PARTICIPARON NO PROGRAMA "VACACIONES EN PAZ" PARTIRON CARA AOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS DE TINDUF
Un total de seis menores estiveron desde mediados do pasado mes de xullo con familias de acollida de Narón
Narón, 6 de setembro de 2016. Os seis menores saharauis que participaron este ano no programa “Vacaciones en Paz” en Narón partiron esta tarde cara aos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia. Os procedentes de Ferrol, un total de sete, sairon do municipio veciño cara a Narón ás 17.00 horas para reunirse cos seis que estiveron na localidade uns minutos máis tarde –na parada do bus localizada entre o Concello e a Casa da Cultura-. No programa participaron este ano un total de vinte e dous menores saharauis e dezaseis familias de acollida de sete concellos da comarca, a donde chegaron a mediados do pasado mes de xullo. Colleron tamén en Narón o autobús que os levou ao aeroporto de Santiago de Compostela, desde donde viaxaron en avión ata Tinduf, os menores que estiveron con familias de acollida das Pontes –dous- e San Sadurniño –un- para posteriormente recoller aos que estiveron en Fene –tres- e Mugardos –outros tres-. A concelleira de Acción Social, Catalina García, e outros representantes da corporación local acudiron a despedir aos menores xunto cos seus familiares de acollida. O Concello de Narón acolleu o 20 de xullo unha recepción oficial aos catro nenos e dúas nenas saharauis que xunto con familias da localidade participaron no programa impulsado pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, á que asistiron o alcalde, José Manuel Blanco, e representantes dalgúns grupos políticos con representación municipal –TEGA, PSOE, BNG, EU e ENE-, así como as familias de acollida da localidade. Os menores recibiron, como cada ano, uns agasallos institucionais. O Concello de Narón colabora desde hai varios anos coa Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui a través dun convenio co que se financian as viaxes dos nenos e nenas que pasan o verán con familias de acollida da localidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal