Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REDUCIRÁ DÉBEDA BANCARIA E REALIZARÁ VARIOS INVESTIMENTOS CON CARGO A UN SUPERÁVIT DE CASE 3,5 MILLÓNS DE EUROS
O Concello acollerá o venres 9 de setembro un pleno extraordinario para aprobar unha modificación de crédito
Narón, 6 de setembro de 2016. O Concello de Narón conta cun superávit consolidado do pasado ano de 3.486.003,83 euros. Así o anunciou o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, que incidiu en que o dato “constata que tivemos máis ingresos dos previstos inicialmente e tamén que fomos capaces de controlar razoablemente os gastos, principalmente reducindo a partida destinada a pagar intereses por préstamos bancarios e o aforro na factura eléctrica”. Unha partida de 928.000 euros dese superávit destinarase á amortización de débeda bancaria e uns 575.000 euros máis a investimentos, tal e como apuntou o edil, que indicou que este venres se aprobará un modificado de crédito de 1,5 millóns de euros nun pleno extraordinario –que se celebrará ás 10.00 horas no Concello-. O documento saiu adiante na Comisión de Facenda. O edil de Promoción Económica subliñou a importancia de destinar 928.000 euros a amortizar débeda. Villamar recordou que a rexistrada no Concello a 31 de decembro do ano pasado ascendía a 6.437.000 euros, cando no ano 2011 superaba os doce millóns. “A débeda bancaria actual representa o 22,55% do orzamento municipal, co que estamos ben lonxe dos límites legais, que están en torno ao 75%”. A finais desde ano a previsión é que a citada débeda baixe dos catro millóns de euros, tal e como indicou Villamar, que considera esta cifra “moi razoable nos actuais tempos de crise”. No que respecta aos investimentos a realizar con cargo a unha partida de 575.000 euros deste superávit, o concelleiro naronés sinalou que se acometerán traballos de mellora da dixitalización no Concello; implantarase unha interconexión contable entre o Concello e as dependencias do Padroado de Deportes e instalaranse unhas máquinas nas que poder realizar reservas e coller tickets para participar en diferentes actividades deportivas. Así mesmo, o goberno local reservará uns 200.000 euros a actuacións de mellora na iluminación e de eficiencia enerxética, contemplándose actuacións no Couto, no pavillón das Lagoas; na avenida Bernardo Romero; na Gándara, en Santa Icía, nas Vivendas de Profeco e na rúa Ares. O edil explicou tamén que se destinarán 150.700 euros á adquisición de bens, maioritariamente terreos, localizados na zona do Parque fluvial de Freixeiro para ampliar esta zona verde, e nas inmediacións do local social de Sedes. Os traballos de reforzo da rodadura na avenida do Mar, na Gándara, acometeranse con cargo a esta modificación de crédito, cun investimento duns 62.000 euros e no Pazo da Cultura repararase o zócalo e acondicionarase unha zona de ensaio. Noutro modificado a aprobar no pleno do venres recóllese un incremento das partidas destinadas a gasto social, concretamente para aumentar as horas para a atención a persoas con dependencia. No referente ás obras, Villamar apuntou que tras cumprir cos trámites pertinentes, dará comezo o proceso de contratación “para poder executar os traballos á maior brevidade posible”. As diferentes intervencións teñen que estar contratadas este ano e rematadas a finais de 2017, tal e como recordou o concelleiro de Promoción Económica.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal