Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
As persoas interesadas dispoñen de quince días de prazo, a partir do 16 de setembro, para cubrir e entregar as instancias do Concello
Narón, 15 de setembro de 2016. O Concello de Narón abrirá mañá, día 16, o prazo de solicitude das axudas para a adquisición de material didáctico e escolar para o curso 2016-2017. Reservouse unha partida de 24.790 euros destinada a estas subvencións, que se poderán solicitar no Rexistro municipal nun prazo de quince días naturais –contados a partir de mañá-. O documento a cumplimentar pódese descargar tamén da páxina web do Concello de Narón: www.naron.es.
As familias empadroadas en Narón –cunha antigüidade mínima de seis meses- con fillos escolarizados en segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria, ESO, Bacharelato, Formación Profesional de Ciclos medios, Educación Secundaria de adultos e centros de Educación Especial poden beneficiarse destas axudas para material escolar. Tamén poden acollerse aquelas familias cuxos fillos e fillas están escolarizados en centros de fóra do municipio por prescripción da Comisión de Escolarización ou da Inspección de Educación e o alumnado de FP ou Bacharelato con modalidades que non se oferten en Narón.
O importe a recibir para comprar material didáctico e escolar -según o nivel escolar- é de 60 euros en educación Infantil; de 70 euros en Primaria; 90 euros en Secundaria; 180 euros para Bacharelato e Formación Profesional (Ciclos medios) e 150 euros para Centros de Educación Especial.


Descarga de archivos
Instancia axudas material escolarTamaño: 331,65 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal