Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ARQUIVO MUNICIPAL MULTIPLICARÁ O SEU ESPAZO MEDIANTE UN SISTEMA DE ARMARIOS MÓVILES
O  ARQUIVO MUNICIPAL MULTIPLICARÁ O SEU ESPAZO MEDIANTE UN SISTEMA DE ARMARIOS MÓVILES
Narón, 29 de Abril de 2008.- A Concelleira de Novas Tecnoloxías e Protocolo, Paloma González Cuevas, presentou onte en rolda de prensa o Proxecto de Compactación do Arquivo Municipal, que se levará a cabo nos vindeiros meses no Concello. O coste total desta actuación é de 80.000 euros, se ven a Xunta de Galicia acaba de conceder –a través da Consellería de Cultura- unha subvención que costeará o 50% do proxecto.

A actuación en cuestión consiste na instalación dun sistema de armarios móviles a través de raíles, que permitirá resolver o problema de espazo existente no arquivo municipal, ubicado no sótano da Casa Consistorial. Esta obra se completa coa colocación dun novo sistema de iluminación e a creación dunha zona de consulta de expedientes e documentación.

“Dende o goberno municipal pensamos que é unha labor prioritaria a conservación do noso patrimonio documental, incluida no noso arquivo municipoal, que encárgase tamén de custodiar os expedientes administrativos de todas e cada unha das concellerías e unidades de xestión”, declarou a Edil.

Segundo explicou Paloma González Cuevas, o arquivo xeral do Concello atópase na actualidade “prácticamente colapsado, con máis de 1.500 metros cadrados de estanterías que están ocupadas na súa totalidade”. A falla de espazo resolverase coa instalación do sistema compactador baseado en armarios móviles sobre raíles, o que permitirá contar con 1.500 metros lineais de estantería por cada 100 metros cadrados “solucionando de xeito instantáneo o principal problema do noso arquivo municipal, e garantizando o crecemento futuro do arquivo durante os vindeiros anos”, engadiu a Concelleira.

Na actualidade, o arquivo conta con máis de 6.600 unidades de instalación e máis de 700 libros así como numerosos fondos do arquivo histórico. Durante o 2006, o arquivo municipal recibiu máis de 500 expedentes administrativos dos diferentes departamentos municipais, xa que é aquí onde deben terminar tódolos documentos administrativos nun prazo máximo de cinco anos. “Este
procedemento supón unha saturación de documentación que obriga a adoptar medidas coma a que hoxe presentamos”, declarou González Cuevas.

O novo sistema de compactación de documentos permitirá resolver un problema de espazo para os próximos anos, ademáis de modernizar un arquivo que contén valiosa información sobre o Concello e a historia do municipio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal