Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE ENSINO ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS PROGRAMAS "PROMEDEX" E DE "RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á ESCOLA"
A CONCELLERÍA DE ENSINO ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS PROGRAMAS
As propostas diríxense ao alumnado de centros de ensino de Narón e, a través dalgunhas das actividades, tamén ás súas familias
Narón, 15 de setembro de 2016. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de matrícula no "Programa municipal de educación extraescolar (Promedex 2016-2017)" e no "Programa de Recursos educativos de apoio á escola". Estas iniciativas diríxense, en función da proposta elixida, a alumnado dos centros educativos de Narón e ás súas familias e no caso do Promedex realízanse fóra do horario lectivo. Representantes das Anpas e dos centros de ensino públicos e concertados do municipio recibiron esta semana no Café Teatro do Pazo da Cultura información sobre a apertura do prazo de matrícula nestes programas nunha xuntanza á que asistiron a concelleira de Ensino e técnicos municipais.
A oferta do "Promedex 2016-2017", dirixido aos centros públicos, inclúe sesións de Iniciación á lingua inglesa para nenos e nenas de educación Infantil e Primaria –dous grupos de 10 participantes en cada unha das categorías-; Reforzatic, de reforzo educativo a través do emprego das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (NTIC) –con grupos de dez alumnos e alumnas, ata un máximo de 50 participantes- e Programación e Robótica educativa, para estudantes de 8 a 10 anos –un total de dez prazas- e de 11 a 14 anos –outras dez prazas-, para aprender programación dun xeito lúdico. A estas opcións súmanse as Escolas de familia, nas que se abordan temáticas como: disciplina positiva e coaching familiar, bulling, técnicas de modificación de condutas, normas e límites e control do estrés, entre outras.
As persoas interesadas en anotarse en actividades do programa "Promedex 2016-2017" poden facelo desde o pasado 14 de setembro –ata esgotar prazas, que se cubrirán por orde de inscrición- no Rexistro de Entrada do Concello de Narón. O prezo de matrícula é de 8,15 euros ao mes por usuario en todas as actividades excepto Reforzatic, que é de balde, e as Escolas de familia, nas que paga un único membro da mesma. As clases impartiranse nos centros educativos públicos de Narón desde os que se soliciten as actividades, según apuntou a concelleira.
En canto á oferta dirixida aos centros escolares públicos e privados e a desenvolver en horario lectivo, desde o Concello propóñense actividades sobre: Educación Medioambiental –para alumnado de primeiro a cuarto de ESO, educación Primaria e Infantil-; de Educación para a saúde –para 1º a 4º de ESO, Escolas de Familias e Bacharelato-; Educación para a Igualdade -1º e 3º de ESO, 4º e 6º de educación Primaria-; Coñece o teu Concello -2º, 5º e 6º de educación Primaria, educación Infantil (cinco anos) e 1º de ESO- e Educación para a cidadanía –un nivel educativo a elixir-. “As actividades a desenvolver consisten nunha gran diversidade de obradoiros nos que se tratan temáticas como as enerxías renovables, nutrición, habilidades sociais, diversidade funcional e moitas outras, compaxinándoas con visitas dos rapaces e rapaces dalgúns cursos a instalacións municipais”, explicou Mercedes Taibo. Neste caso, as inscricións son de balde, ao sufragar o Concello a totalidade do importe das actividades.
A concelleira de Ensino destacou o éxito que rexistran estas convocatorias ano tras ano entre a comunidade educativa do municipio. Taibo subliñou que “se trata dunha completa oferta de actividades, a desenvolver en diferentes horarios, según as preferencias, nos que tanto os alumnos e alumnas como as súas familias nalgúns casos reciben unha formación complementaria sobre diferentes áreas”.
Para obter máis información pódese contactar co correo electrónico: omix@naron.es ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1103/1122).


Descarga de archivos
Actividades extraescolaresTamaño: 168,22 KBDescargar
Recusos educativos de apoio á escolaTamaño: 169,55 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal