Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA AS ENFERMIDADES DO RIL ABREN O PRAZO PARA ANOTARSE NO PROGRAMA "BULE CON ALCER"
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA AS ENFERMIDADES DO RIL ABREN O PRAZO PARA ANOTARSE NO PROGRAMA
A iniciativa diríxese a un total de vinte persoas con enfermidades crónicas e desenvolverase entre outubro deste ano e xullo de 2017
Narón, 16 de setembro de 2016. As persoas con enfermidades crónicas son as destinatarias do Programa de exercicio físico e psicosocial “Bule con Alcer”, impulsado pola Asociación de loita contra as enfermidades do ril (Alcer) e que conta coa colaboración das concellerías de Sanidade e de Acción Social. A edil desta última área, Catalina García, indicou que na actualidade está aberto o prazo de inscrición nesta proposta, ata esgotar as vinte prazas dispoñibles. A iniciativa, que se desenvolverá entre os meses de outubro deste ano e xullo de 2017, incide na importancia de “formar ao colectivo en hábitos de vida saudables, facilitándolles aos participantes os mecanismos necesarios para que poidan realizar con autonomía exercicio físico de forma regular e favorecer a súa inclusión social”, tal e como recordou García. As clases terán lugar no Centro Cívico Social de Xuvia os martes e xoves, de 10.30 a 12.00 horas.
Os participantes traballarán en grupos nun programa dirixido especificamente a persoas con enfermidades crónicas. Entre os obxectivos do mesmo está tamén o feito de mellorar a calidade de vida do colectivo, según subliñou García, que destacou os “beneficios que para a saúde ten a práctica de exercicio físico de xeito regular, sempre adaptado ás posibilidades de cada persoa”. Eses beneficios son tanto físicos como psicolóxicos e sociais entre os participantes, apuntou.
O programa “Bule con Alcer” iniciouse no Concello o pasado mes de febreiro e desde entón sucedéronse no municipio diferentes actividades e obradoiros dirixidos a colectivos con enfermidades crónicas.
As persoas interesadas en anotarse deben presentar un formulario de solicitude dispoñible no Concello e a documentación requerida (cuxa relación figura na propia instancia) no Rexistro de entrada do Concello. Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal (no teléfono 981 337 700 - ext. 1103) ou con Alcer Coruña (no número de teléfono 676 801 473 ou bulealcercoruna@gmail.com).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal