Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO OFERTA TRES NOVAS ACTIVIDADES EDUCATIVAS A TRAVÉS DO "II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE"
O CONCELLO OFERTA TRES NOVAS ACTIVIDADES EDUCATIVAS A TRAVÉS DO
As mulleres desempregadas da localidade e maiores de idade poden anotarse no Rexistro municipal de Narón
Narón, 17 de setembro de 2016. O Servizo Sociocomunitario Municipal programa tres novas actividades educativas enmarcadas no “II Plan Municipal de Igualdade” de Narón a desenvolver a partir do vindeiro mes de outubro. A concelleira da área, Teresa Sabio, anunciou o inicio da apertura do prazo de presentación de instancias –ata o 23 de setembro- no Rexistro municipal. En total ofértanse 69 prazas dirixidas a mulleres desempregadas da localidade e maiores de idade. Sabio explicou que os cursos serán sobre “Igualdade por medio da educación”, “Organización e xestión familiar” e “Confección, con vocación de inserción sociolaboral” e que se impartirán na Casa da Mocidade, no colexio de San Mateo e no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, en función da modalidade elixida.
As sesións sobre “Igualdade por medio da educación” destínanse a un máximo de 25 mulleres, de entre 18 e 60 anos e terán lugar na Casa da Mocidade, na Gándara. No caso do curso de “Organización e xestión familiar”, as beneficiarias da iniciativa serán 24 mulleres, doce para un grupo en San Mateo e as doce restantes formarán outro na Casa da Mocidade da Gándara e, por último, o curso sobre “Confección, con vocación de inserción sociolaboral” está programado para vinte persoas –dez mulleres por grupo- no Centro de Formación Municipal. Neste último caso é requisito imprescindible non ter coñecementos previos de confección e terán preferencia as persoas que non realizaron a formación en convocatorias de anos anteriores. En todas as modalidades ofertadas as clases terán lugar entre o 3 de outubro e o 30 de xuño.
A edil de Igualdade incidiu no feito de que se aborden diferentes temáticas que, apuntou, “permitirán ás mulleres adquirir coñecementos sobre matemáticas, competencia dixital, cultural, artística, algunhas técnicas de costura e tamén sobre xestión económica e alimentación, según a acción formativa elixida”. Sabio animou ao colectivo ao que se dirixen estas propostas a anotarse, de balde, e subliñou que estas accións “permitiranlles incrementar a súa formación tanto para desenvolver actividades na súa vida cotiá como incluso de cara a unha posible inserción no mercado laboral”.
O formulario pode recollerse no Rexistro xeral do Concello, de 8.30 a 13.30 e as instancias deben entregarse xunto cunha fotocopia da tarxeta de demandante de emprego da persoa correspondente, do seu NIF e tamén un informe da súa vida laboral. Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1113 e 1115).


Descarga de archivos
Instancia solicitudeTamaño: 252,88 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal